Contactar

ContactoA dirección de correo electrónico de contacto soamente deberá empregarse para dúbidas, suxestións, rectificacións, ou calquera outra información referente á páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

contacto@chminosil.es (abrirase unha nova mensaxe no seu sistema de correo)

As solicitudes de concesión, acceso á información, así como as denuncias, deberán facerse por escrito a través dos correspondentes Rexistros de entrada do Organismo, ou calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Máis información, na sección Directorio da CHMS.

 

Comisaría de Augas

Segundo se recolle no artigo 4 do Real Decreto 266/2008, de 22 de febreiro, créase a Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, co nivel orgánico de Subdirección Xeral.

Corresponden á Comisaría de Augas as funcións asignadas a esta Unidade Administrativa no artigo 4 do Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo. Algunhas delas son:

  • Xestión do Dominio Público Hidráulico, centrada fundamentalmente nos réximes de concesións e autorizacións dos aproveitamentos hidráulicos.
  • A protección do Dominio Público Hidráulico, para conseguir e manter un axeitado nivel de calidade das augas.
  • O control do Dominio Público Hidráulico, a través das autorizacións para as obras e a labor de policía de augas e os seus leitos, que se complementan coas actuacións de conservación de leitos e a realización de aforamentos e estudos de hidroloxía.
  • Propostas de outorgamentos de concesións e autorizacións referentes ás augas e leitos de Dominio Público Hidráulico, así como as de establecemento de servidume, deslindes e modulacións.
  • A actualización do Rexistro de Augas, do catálogo de augas privadas e do censo de vertido de augas residuais.
  • Propostas de resolución en aplicación das normas do Regulamento de Dominio Público Hidráulico, aprobado polo Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, en materia de policía de augas e os seus leitos.
  • Inspección e vixilancia das obras derivadas de concesións e autorizacións do Dominio Público Hidráulico.
  • Tramitación dos expedientes para a constitución de comunidades de usuarios e a aprobación dos seus regulamentos e ordenanzas, así como os referentes ás incidencias relacionadas con ditas Comunidades.
  • Estudo e proposta dos canons a que fan referencia os artigos 104 e 105 da Lei de Augas.
  • Análise e control da calidade das augas continentais, así como a proposta e seguemento dos programas de calidade da auga e dos convenios aos que se refire o artigo 295.4 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico. Os datos que se obteñan do exercicio desta función, comunicaranse ás autoridades sanitarias, cando os soliciten.

O actual Comisario de Augas da Confederación Hidrográfica do Miño- Sil é Xoán Carlos Nóvoa Rodríguez.

Secretaría Xeral

As principais funcións da Secretaría Xeral, dacordo co Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, polo que se determina a estructura orgánica dependente da Presidencia das Confederacións Hidrográficas son as seguintes:

  • A xestión dos asuntos relativos ao funcionamento da Xunta de Goberno, o Consello de Auga, a Asemblea de Usuarios e o exercicio da secretaría dos citados órganos.
  • O Rexistro Xeral e o réxime interior.
  • A xestión da actividade económica e financeira, a contabilidade interna do Organismo, a habilitación e a pagadoría.
  • A tramitación dos asuntos de persoal.
  • A tramitación administrativa, relativa ás informacións públicas, e a tramitación e proposta de resolución dos recursos e reclamacións.
  • A xestión administrativa en materia de contratación, a xestión patrimonial e a tramitación e proposta de resolución nos expedientes de expropiación.
  • A supervisión e coordinación da informática en materia administrativa.
  • A elaboración de informes xurídicos.

O actual Secretario Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é Emilio Domínguez Álvarez.

Concello de Guitiriz - Lugo

Texto do Protocolo (enlace 66 Kb)

Anexo cartográfico do Protocolo (enlace, 6,4 Mb)

Memoria Técnica (enlace 2,6 Mb)

Anexo Cartográfico (enlace 3,7 Mb)
Anexo Cartográfico 2 (enlace 4,3 Mb)
Anexo Cartográfico3 (enlace 4,4 Mb)
Anexo Cartográfico 4 (enlace 4,1 Mb)
Anexo Cartográfico 5 (enlace 5,8 Mb)
Anexo Cartográfico 6 (enlace 11,4 Mb)

Accesibilidade

O portal de Confederación Hidrográfica do Miño-Sil foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen encontrar dificultades de acceso.

A política de accesibilidade aplicada por Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con minusvalidez ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

As páxinas deste sitio Web cumpren coa marca AA da Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 2.0 do (WCAG 2.0) por lniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel Ado Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.

Este portal está optimizado para os navegadores Microsoft Internet Explorer8 e versións superiores, Firefox, Chrome, Opera e Safari. A resolución mínima recomendada é de 1280x1024.

Para a correcta visualización do portal gráfico é necesario poder executar Javascript.

Certos documentos en formato pdf poden presentar problemas de accesibilidade por incluir información de datos históricos ou doutras fontes (documentos, boletíns oficiais e similares). Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comprométese a proporcionar calquera destes documentos en formato accesible a quen o solicite.

A última revisión manual de accesibilidade deste portal foi realizada con data 05 Xuño de 2013.

Se vostede encontra algún problema ou dificultade de accesibilidade ou usabilidade na súa visita ao Portal de Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ou quere facernos algunha suxestión ao respecto, pode indicalo en contacto@chminosil.es. A súa experiencia persoal pode contribuír de forma importante na progresiva mellora do Portal.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.