En cumprimento do disposto no artigo 136.2 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria e na Regra 38 da Orde EHA/2045/2011, do 14 de xullo, pola que se aproba a instrución de contabilidade para a Administración Institucional do Estado, as contas anuais publícanse pola Intervención Xeral da Administración do Estado anualmente no portal da Administración orzamentaria, dentro da canle “Rexistro de contas anuais do sector público”.
LIGAZÓN AO REXISTRO DE CONTAS ANUAIS DO SECTOR PÚBLICO
Información relativa aos Orzamentos Xerais da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, é dicir, á programación do conxunto de gastos e ingresos previstos por esta administración hidráulica.
Neste apartado, a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil pon á súa disposición a Información Económica do Organismo de bacía. Nel poderá atopar os orzamentos anuais que, segundo a Lei 47/2003, de 26 de novembro, Xeral Orzamentaria, constitúen a expresión cifrada, conxunta e sistemática dos deberes e obrigacións a liquidar durante o exercicio por esta administración hidráulica dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Tamén poderá acceder ás contas anuais que, segundo a citada Lei, deben comprender o balance, a conta do resultado económico - patrimonial, o presuposto e o periodo medio de pago a proveedores.
DIRECCIÓN GENERAL DE POLÍTICA REGIONAL
DIRECCIÓN GENERAL DE FONDOS COMUNITARIOS
A Dirección Técnica é unha unidade da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil que ten encomendada a tramitación e xestión dos proxectos e obras hidráulicas que este Organismo realiza con cargo a fondos propios, e as que executa encomendadas polo Estado por ser declaradas de interese xeral.
Entre estas actuacións destacan as de saneamento e dupuración de aglomeracións urbanas, cuxo fin é o de resolver os problemas medioambientais xerados pola ineficiencia das infraestruturas de saneamento urbano existentes nestes núcleos.
Para iso, contémplase a construción de novos sitemas integrais de saneamento, consistentes nunha nova rede xeral formada por colectores secundarios, que interceptan as augas residuais e pluviais canalizadas pola rede de alcantarillado municipal nas diferentes zonas do núcleo de poboación, acumulándoas en depósitos de retención denominados aliviadoiros ou tanques de tormentas cando os caudais son excesivos, e incorporándoas a colectores ou interceptores xerais que as trasladan ata a correspondente Estación Depuradora de Augas Residuais, onde as augas son sometidas a un proceso de depuración no que se eliminan todos os contaminantes precisos, para logo poida ser vertida ao medio receptor en condicións de non causar dano algún.