FASE I PGRI: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DA AVALIACIÓN PRELIMINAR DO RISCO DE INUNDACIÓN (EPRI). 3º CICLO

De acordo con o apartado 1 do artigo 21 do Real Decreto 903/2010, do 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación, a Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións (EPRI) actualizarase como moi tarde o 22 de decembro de 2018, e a continuación cada seis anos.

A tales efectos, a documentación da “Revisión e Actualización da EPRI-3º Ciclo” da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil someteuse a consulta pública nesta páxina WEB e nas oficinas da Comisaría de Augas (Comisaría Adxunta – Rúa Progreso, nº 6 – 32003 – Ourense) por un prazo de 3 meses, tras a súa publicación no (BOE nº 212 de 02/09/2024).

De acordo con o apartado 4 do artigo 7 do citado Real Decreto 903/2010, tras finalizar o período de consulta pública da EPRI de 3º ciclo e unha vez analizadas e informadas as alegacións, o documento final da revisión e actualización da Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións (EPRI) someteuse a informe do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación, regulado no R.D. 126/2007, do 2 de Febreiro, en reunión de data 14 de xaneiro de 2025, informando o mesmo favorablemente.

Finalmente, de conformidade co artigo 7.5 do citado Real Decreto 903/2010, unha vez informada favorablemente o 30 de abril de 2025 polo Consello Nacional de Protección Civil e cumpridos os trámites establecidos na normativa, por resolución de data 04 de xuño de 2025 (B.O.E. nº 162 de 07/07/2025) a Secretaría de Estado de Medio Ambiente acordou aprobar a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación (EPRI) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

Exponse nesta páxina WEB, o documento final da "Revisión e Actualización da EPRI-3º Ciclo" da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil”, aprobado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

EPRI - 3º ciclo

(Revisión e Actualización da Avaliación Preliminar de Riscos de Inundación).

ENLACE FASES PREVIAS

Co obxectivo de enriquecer e mellorar esta documentación que pretenden reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio ambiente e o patrimonio cultural en base ao disposto na Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a seguinte dirección electrónica:

 

 

Proyecto RISC_PLUS Proyecto RISC_PLUS

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

  Proyecto Fronteira Esquecida Proyecto Froteira Esquecida

Proyecto POCTEP Albufeira Proyecto POCTEP Albufeira

Logo Plan Resiliencia

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.