Presidente do Organismo
Xunta de Goberno
Consello da Auga da Demarcación
O artigo 3.5 do Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas, crea o Consello da Auga das demarcacións hidrográficas de concas intercomunitarias co obxectivo de fomentar a información, consulta pública e participación activa na planificación hidrolóxica. Pola súa banda, o Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro, establece a composición, estrutura e funcionamento do Consello da Auga da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.
As funcións que corresponden ao devandito Consello son:
Composición:
O Consello da Auga da demarcación da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil está constituído por un Presidente, dous Vicepresidentes, un Secretario e os Vogais que se concretan no artigo 5 do mencionado Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro.
Será Presidente do Consello da Auga o do Organismo de conca. A Vicepresidencia Primeira corresponderá ao vogal que resulte elixido por e entre os que representen ás Comunidades Autónomas. A Vicepresidencia Segunda recaerá sobre o vogal que resulte elixido por e entre os vocais representantes dos usuarios. Como Secretario do Consello, con voz pero sen voto, actuará o Secretario Xeral do Organismo de conca.
Comité de Autoridades Competentes
O artigo 36 bis do texto refundido da Lei de Augas dispón a existencia, no caso das Demarcacións Hidrográficas con bacías intercomunitarias, dun órgano de cooperación denominado Comité de Autoridades Competentes. O Real Decreto 126/2007, de 2 de febreiro regula a súa composición, funcionamento e atribucións.
O Comité de Autoridades Competentes da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil está constituido polo Presidente, un Secretario y os vogais que se determinan no artigo 4 do Real Decreto 126/2007, de 2 de febreiro.
Será Presidente do Comité de Autoridades Competentes o do Organismo de conca, e actuará como Secretario, con voz pero sin voto, o Secretario Xeral do Organismo.
Os parámetros físico-químicos e sustancias prioritarias analizadas nos programas de control daa rede CEMA indícanse na seguinte táboa de parámetros analizados. (PDF-53KB)