Actuacións

Acondicionamiento

Neste apartado da web da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil os cidadáns poderán coñecer algunhas das actuacións de saneamento e depuración, protección fronte a inundacións, acondicionamento fluvial, restauración de ríos, infraestruturas hidráulicas e abastecementos executadas por esta administración hidráulica ao longo de toda a bacía.

Esta obras teñen como principais obxectivos garantir a calidade das augas, protexer as marxes fronte a inundacións, manter a morfoloxía natural das canles e convertir as marxes dos nosos ríos en espacios de ocio.

Documentos

DocumentosDesde este apartado puede consultar o descargar los documentos vigentes en materia de Planificación Hidrológica, planes de actuación de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, memorias en las que se recogen, de forma detallada, las actividades realizadas y/o gestionadas por la Confederación, informes, estudios y toda clase de documentos editados o relacionados con la CH Miño-Sil.
Desde aquí podrá acceder además al Libro Blanco, tanto del Agua como de las Aguas Subterráneas, o de la Educación Ambiental en España.

Normativa

Neste apartado preténdese recoller o conxunto de normas relacionadas co exercicio das competencias atribuídas á CHMS, tanto as sectoriais, en materia de auga e medioambientais, como aquelas de carácter xeral, de aplicación horizontal a todos os órganos e entes que configuran a Administración Xeral do Estado.

NormativaPara facilitar a súa consulta, as normas sustantivas agrúpanse en distintos apartados en función do seu ámbito territorial (internacional, comunitario, estatal) e, subdivididas por materias. Asemade, recóllese a normativa orgánica, de distribución competencial, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

A mesma clasificación por materias aplícase á normativa que, por ser de carácter xeral, debe terse en conta na actuación deste Organismo de bacía, dividida en once apartados.

Deste xeito, preténdese a consecución de dous obxectivos:

  • Poñer a disposición do persoal desta administración hídrica unha ferramenta axil e práctica para a consulta das disposicións que a diario ten que empregar no desenvolvemento das súas funciónse,
  • Facilitar á cidadanía o acceso as memas normas e ao exercizo dos seus dereitos ante esta Confederación Hidrográfica.

 

Calidade das Augas

A Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas sinala no seu artigo 8 que os Estados Membros deberán establecer programas de seguimento do estado das augas con obxecto de obter unha visión xeral coherente e completa do estado das augas en cada demarcación hidrográfica.

Gotas

Esta obrigación da DMA trasponse ao ordenamento nacional a través do artigo 92.ter do Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas (TRLA). A través da que se encomenda á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil o control da calidade, a avaliación e seguimento do estado das masas de auga no seu ámbito territorial; esta obrigación engloba ás augas superficiais e ás subterráneas.

É importante destacar que os plans hidrolóxicos son a principal ferramenta para a xestión dos recursos hídricos e para lograr o bo estado das nosas augas superficiais e subterráneas e neles fíxanse obxectivos ambientais específicos para cada masa de auga, determínanse as medidas para aplicar e descríbense os programas de seguimento.

As redes de control son unha ferramenta necesaria que permite dar cumprimento á normativa vixente en materia de calidade de augas, así como garantir os obxectivos de calidade das augas establecidos no Plan Hidrolóxico da Demarcación.

Memoria Anual

NormativaA memoria anual da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil (CHMS) permite coñecer parte da xestión que realiza este Organismo autónomo, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. 

Este documento ofrece un abano de cadros estatísticos con información referida á tramitación dos diferentes tipos de expedientes e un balance das actuacións de mellora ambiental e restauración do Dominio Público Hidráulico que realiza a Comisaría de Augas. A memoria anual informa, tamén, dalgunhas das obras de acondicionamento e saneamento executadas pola Dirección Técnica, así como do traballo desenvolto pola Oficina de Planificación Hidrolóxica. 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.