Xeral

Marco Físico

Mapa físico de la Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil

Mapa físico da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Ampliar imaxe

Saúda do Presidente

Gustaríame darche a benvida ao portal web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, un espazo dinámico no que poderás atopar información acerca deste Organismo de conca, cal é o noso labor e en que accións e proxectos estamos a traballar.

Convídoche, por tanto, a que consultes esta web a través da que, de forma sinxela e intuitiva, poderás resolver as túas dúbidas e preguntas; aínda que, para calquera aclaración adicional, non dubides en contactar connosco vía e-mail – contacto@chminosil.es – ou en calquera dos teléfonos que aparecen no portal- https://www.chminosil.es/es/chms/informacion-de- interes/contactar/directorio –

Tamén, a través desta xanela aberta ao exterior quero transmitirche que, desde o meu nomeamento como presidente, o aceno de identidade na xestión da CHMS propúxenme que sexa a transparencia e a empatía co cidadán, sobre todo porque creo no Servizo Público e porque estou seguro de que só baixo estas premisas conseguiremos os obxectivos marcados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica do cal dependemos.

Por último quero compartir unha reflexión sobre a auga como recurso imprescindible para a vida, que a nós ocúpanos como Organismo de conca, responsables da súa calidade e cantidade, e que tamén nos preocupa como cidadáns:
“Se usamos a auga con responsabilidade estaremos a respectar o medio ambiente e camiñaremos cara a un futuro máis sustentable. Desde a CHMS solicitamos a túa colaboración a través deste portal web e, pola nosa banda, comprometémonos a fomentar nos máis pequenos o respecto e coidado polas nosas canles fluviais a través do deseño de programas adaptados ás distintas etapas de aprendizaxe, porque eles son o futuro e porque serán os perceptores finais dunha herdanza ambiental mellor…”

Moitas grazas polo teu interese.

José Antonio Quiroga Díaz

Contactar

ContactoA dirección de correo electrónico de contacto soamente deberá empregarse para dúbidas, suxestións, rectificacións, ou calquera outra información referente á páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

contacto@chminosil.es (abrirase unha nova mensaxe no seu sistema de correo)

As solicitudes de concesión, acceso á información, así como as denuncias, deberán facerse por escrito a través dos correspondentes Rexistros de entrada do Organismo, ou calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Máis información, na sección Directorio da CHMS.

 

Información ao Cidadán

Información ao cidadánNeste apartado a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil pon a disposición dos cidadáns unha serie de ferramentas de utilidade á hora de dirixirse a esta administración.

 

  • Proporciónanse os elementos básicos de imaxe institucional do Organismo.
  • Poderán atopar os impresos precisos para realizar xestións con esta administración hídrica.
  • Resolverá as súas dúbidas sobre este Organismo de bacía e o seu funcionamento en preguntas frecuentes.
  • Terá a posibilidade de formalizar as queixas ou suxerencias que considere oportunas.
  • Atopará o importe das taxas pola prestación de servizos da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil e os canons por emprego de bens de Dominio Público Hidráulico.

Aviso: Mediante Resolución de Presidencia de data 28 de novembro de 2023, deixouse sen efectos a Instrucción 3/2019 sobre obras, traballos e actividades non sometidos ao Reglamento do Dominio Público Hidráulico.
Pode acceder a esta Resolución a través da seguinte ligazón: Resolución de Presidencia de 28 de novembro de 2023.

Instrucción 3/2019 sobre obras, traballos e actividades non sometidos ao Reglamento do Dominio Público Hidráulico e que non requiren a tramitación dun expediente de autorización

Ano 2015: Solicitudes de información ambiental e prazos de resposta

Ano 2015: Información estatística relacionada con expedientes sancionadores

Ano 2014: Solicitudes de información ambiental e prazos de resposta

Ano 2014: Información estatística relacionada con expedientes sancionadores

 

Nota informativa sobre captacións de augas subterráneas mediante pozos

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.