A CHMS inicia a construción dunha nova estación SAIH no río Asma ao seu paso por Chantada (Lugo)

La CHMS inicia la construcción de una nueva estación SAIH en el río Asma a su paso por Chantada (Lugo)

Proxectada na área de Potencial Risco de Inundación ( ARPSI) de Chantada, conforme á planificación do risco de inundación do segundo ciclo
• Estas obras enmárcanse na actividade 4 "Programa de control e retención natural" do Proxecto RISC_ ML

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, comezou esta semana as obras de ampliación da REDE SAIH (Sistema Automático de Información Hidrolóxica) no río Asma, ao seu paso polo centro urbano de Chantada (Lugo).

20-07-23 Foto1

Actuación

As obras consisten na implantación de equipos de instrumentación e transmisión dos datos en tempo real, nivel da auga no leito así como temperatura ambiente e pluviosidad que chegarán ao CECU (Centro de Control de Cuenca), do que dispón a CHMS en Ourense, para valoración dos mesmos, coordinación e actuación.

Esta estación proxectouse na área de Potencial Risco de Inundación ( ARPSI) de Chantada (Lugo) conforme á planificación do risco de inundación do segundo ciclo para facilitar o control e a capacidade de reacción en períodos de choivas abundantes que produzan incrementos considerables de caudal.

Ademais das actuacións descritas, tamén se acometerán os traballos de obra civil asociados á mesma. O conxunto da actuación supón un investimento de 36.287,38€.

Proxecto RISC_ ML

Estas obras enmárcanse na actividade 4 "Programa de control e retención natural" do Proxecto RISC_ ML, dentro da acción para a ampliación rede SAIH, SAICA, piezometría e control químico, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER ), través do Proxecto Interreg V-A España-Portugal ( POCTEP) 2014-2020.

A través desta mesmo proxecto, xa foron executadas cinco novas estacións do Sistema Automático de Calidade da Augas ( SAICA), no río Louro (Tui, Pontevedra), río Deva (Arbo, Pontevedra), río Sarria (Sarria, Pontevedra), río Avia (Leiro, Ourense) e río Arenteiro (Carballiño, Ourense) e en breve estará finalizada e en funcionamento a nova estación SAIH no río Arnoia ao seu paso por Allariz (Ourense), na que se está procedendo ás probas de comunicación e de recepción automática de información

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.