El MITECO resuelve la primera convocatoria de 200 millones para la mejora de la eficiencia del ciclo urbano del agua

O MITECO resolve a primeira convocatoria de 200 millóns para a mellora da eficiencia do ciclo urbano da auga

  • As axudas oscilan entre os 3,3 e 7,9 millóns e beneficiarán a 1.676 municipios de 16 comunidades autónomas
  • O orzamento total supera os 314,6 millóns de euros, dos cales, o MITECO a través do PERTE financia 200 millóns
  • Nestes momentos está aberta a segunda convocatoria do PERTE cuxo prazo de presentación de proxectos finaliza o 13 de decembro
La CHMS sustituirá la obra de paso sobre el río do Pontiño en el municipio lucense de O Saviñao

A CHMS substituirá a obra de paso sobre o río do Portiño no municipio lucense do Saviñao

  • O investimento necesario estímase en 150.000 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello
  • O obxectivo é mellorar a mobilidade, a seguridade e a comunicación dos veciños do lugar de Ourigo
  • A infraestrutura proxectada, a diferenza da actual, contará coa capacidade de desaugadoiro que esixe a normativa e permitirá restablecer o tráfico a través da estrada agora cortada
La CHMS dará solución a los problemas de saneamiento del municipio ourensano de O Carballiño

A CHMS dará solución aos problemas de saneamento do municipio ourensán do Carballiño

  • As obras consisten na renovación integral das redes de saneamento, pluviais e abastecemento, ademais do acondicionamento dun tramo da rúa Ourense
  • “As actuacións descritas, que comezarán ao longo deste mes de novembro, evitarán verteduras recorrentes ao leito e, polo tanto, mellorarán a calidade das augas e dos ecosistemas asociados ao río” concluíu o presidente
  • O investimento total estimado superará os 1.370.000€, cofinanciado nun 80% pola Administración do Estado, a través da CHMS, e 20% polo Concello.
La CHMS mejorará el saneamiento del municipio lucense de Ribas de Sil

A CHMS mellorará o saneamento do municipio lucense de Ribas de Sil

  • Procederase á construción dunha depuradora para o núcleo de San Pedro, que conta na actualidade cunha fosa séptica, construída hai máis de 40 anos, e en moi mal estado
  • O conxunto de actuacións necesarias requirirán dun investimento de 162.000 €
La CHMS construirá una obra de paso sobre el río Bidueiro en el municipio ourensano de Rairiz de Veiga

A CHMS construirá unha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

  • Procederase á demolición da infraestrutura actual para executar unha nova que salvará o leito sen apoios intermedios e coa capacidade hidráulica que esixe a normativa
  • Hoxe foi rubricado o convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións
  • O investimento estimado superará os 190.000 euros

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.