Emprego Público

O persoal que forma parte deste Organismo autónomo, dependente do Minsiterio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, accedeu aos seus postos de traballo a través dos procesos selectivos legalmente establecidos: oposición, concurso e concurso - oposición.

Dependendo do xeito de acceso, podemos distinguir entre:

  • Emplego públicoPersoal funcionario, que en virtude do nomeamento legal está vinculado a unha Administración Pública por unha relación estatutaria regulada polo Dereito Administrativo para o desempeño dos servizos profesionais retribuídos de carácter permanente.
  • Persoal laboral, que en virtude de contrato formalizado por escrito, en calquera das modalidades de contratación de persoal previstas na lexilación laboral, presta servizos retribuídos polas administracións públicas. En función da duración do contrato, éste pode ser fixo, indefinido ou temporal.

Para obter información puntual de cada unha das convocatorias publicadas, pódese facer uso da páxina 060, www.060.es, creada polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, www.minhap.es, na que se obtén información dos procedementos en curso convocados por cada un dos departamentos ministeriais, coa sinxeleza de dispor de buscadores temáticos que aproximan á información solicitada.

Dende esta Confederación Hidrográfica invitámosvos a que empreguedes este servizo que o Goberno de España pon ao alcance de todos e todas.

 

Perfil do Contratante

 

Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, no seu artigo 63, define o perfil do contratante como elemento que agrupa a información e documentos relativos a súa actividade contractual con obxecto de asegurar a transparencia e o acceso público aos mesmos. 

O Perfil do Contratante da Confederación Hidrográfica del Miño - Sil está dispoñible en https://contrataciondelestado.es/, e inclúe datos e informacións referentes á actividade contractual, tales como anuncios de información previa, licitacións abertas ou en curso, e documentación relativa ás mesmas.

Nesta páxina tamén se poden consultar os contratos adxudicados, os procedementos anulados e calquera información útil de tipo xeral (como as modificacións, se as houbese, e as liquidacions dos mesmos) así como os seguintes datos estatísticos: 

  • Resolución Plan de contratación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o ano 2025
  • Resolución Plan de contratación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o ano 2024
  • Resolución Plan de contratación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para o ano 2023

 

Estado de los Embalses

Plan de Demarcación Vigente

El actual Plan Hidrológico de cuenca, aprobado por el Real Decreto 1664/1998, de 24 de julio, tiene como objeto ser el instrumento técnico para desarrollar y aplicar los contenidos de la Ley de Aguas y demás disposiciones legales en el ámbito territorial del Plan.

Plan Norte 1.

Documentación Técnica.

Protocolos de Actuación

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.