La reserva hídrica en la demarcación Miño-Sil se encuentra al 46,7 por ciento de su capacidad

A reserva hídrica na demarcación Miño-Sil atópase ao 46,7 por cento da súa capacidade

  • Actualmente a reserva hídrica española é de 19.209 hectómetros cúbicos
El presidente de la CHMS y el alcalde de Monforte visitan las obras de mejora de la Laguna del Parque de Cobas

O presidente da CHMS e o alcalde de Monforte visitan as obras de mellora da Lagoa do Parque de Cobas

  • “Proxecto de mellora que vai supoñer un antes e un despois para a zona da Lagoa do Parque de Cobas, que estaba degradada”, destacou o Alcalde. Con esta mellora, completarase unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas
  • “As obras que se están a desenvolver consisten na execución dunha serie de actuacións ambientais na área de A Pinguela, para poñer en valor esa zona, o que leva consigo a recuperación da zona da Lagoa do Parque de Cobas con actuacións que habiliten un espazo para uso e disfrute da poboación”
  • Este importante proxecto conta cun investimento de preto de 700.000 euros, concretamente 695.980,64 euros, “que financia integramente a Confederación Hidrográfica, o que lle quero agradecer expresamente ó seu presidente, un esforzo que fai en Monforte o organismo de conca e que vai cambiar totalmente a faz que tiña esta lagoa”, resaltou o Alcalde
  • O Presidente da CHMS anunciou que “as obras avanzan a bo ritmo e estimamos que finalicen a finais de outubro”. As obras deron comenzo a finais do pasado mes de xuño
  • Quiroga destacou “que esta actuación rexenerará unha zona do río Cabe que conta cun cauce importante e que estaba totalmente degradada, que será posta en valor para o disfrute dos veciños de Monforte e dos visitantes da cidade”
La CHMS analiza la situación la sequía y reitera la necesidad de hacer un uso responsable y eficiente del agua

A CHMS analiza a situación da seca e reitera a necesidade de facer un uso responsable e eficiente da auga

  • Conclúese que o Miño Alto pasa á situación de prealerta, o Baixo Miño continúa en normalidade; prealerta na conca do Sil Superior e Inferior; e alerta nas concas dos ríos Cabe e Limia
  • En agosto producíronse restricións e necesidade de abastecemento con cisternas en núcleos/aldeas de 44 municipios da demarcación; por outra banda, recibíronse e resolveron 20 solicitudes de aproveitamentos temporais, a maior parte para uso gandeiro
  • Estamos ante o ano hidrolóxico máis seco da serie 1980-2021; similares ao actual serían os anos 2002, 2005, 2011, 2012 e 2017, o que evidencia os efectos adversos do cambio climático
La CHMS inicia los trabajos limpieza y conservación del río Asma a su paso por municipio lucense de Chantada

A CHMS inicia os traballos de limpeza e conservación do río Asma ao seu paso polo municipio lucense de Chantada

  • O obxectivo das actuacións é mellorar a capacidade de desaugadoiro e a conectividade lonxitudinal de 1,2 km de leito urbano, para evitar inundacións e enchentes. O investimento estimado supera os 26.000 euros
  • “A CHMS colabora cos Concellos que solicitan e demostran a necesidade e a falta de medios, aínda que, a limpeza de tramos urbanos é unha responsabilidade da Administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo, é dicir, competencia municipal” concluíu Quiroga
La CHMS inicia los trabajos de restauración hidrológico-forestal de las zonas afectadas por los incendios  en O Courel, Macizo Central y Valdeorras

A CHMS inicia os traballos de restauración hidrolóxico-forestal das zonas afectadas polos incendios en O Courel, Macizo Central e Valdeorras

  • O investimento estimado superará o medio millón de euros
  • A prioridade inicial é a retirada de madeira e tapóns en zonas próximas a centros urbanos con risco de inundación, a redución de arrastres de cinzas en proximidades de captacións de auga e evitar a erosión nas zonas de maior pendente.
  • Utilizaranse técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles mediante a instalación de pequenos muros de retención, en pedra ou madeira, e feixes de troncos e ramas

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.