A Plataforma de Contratación anuncia o inicio do procedemento de licitación, cun prazo de presentación de ofertas que finalizará o próximo 28 de outubro, ás 14,00 horas
O obxecto deste proxecto é a adecuación do sistema de saneamento do río Barbaña, na contorna de San Cibrao e os seus polígonos industriais
"O Goberno de España deseñou este plan de choque post-incendios no que, nunha primeira fase que durará 6 meses, xa traballan máis de 60 efectivos, que se irá incrementando ata 200 ao longo deste mes, e cun investimento estimado que superará os 3 millóns de euros” indicou o presidente.
“Actúase en DPH, zona de competencia Estatal, para evitar a degradación da calidade das augas; incidindo e priorizando as zonas próximas ás captacións de abastecemento, zonas con risco de inundación e zonas de especial protección ambiental”, engadiu Quiroga.
As técnicas utilizadas consisten na construción de pequenos muros de retención, como albarradas (de pedra ou madeira queimada), e fajinas (troncos e ramas entrelazadas).
"Estes traballos comezou xa, con rapidez, sen esperas; pola contra, a Xunta de Galicia, que ten competencias exclusivas no medio rural, aínda non dixo nada de prevención, nin contratou persoal para os traballos forestais que eviten unha catástrofe similar. A Administración competente só se limitou a pedir axuda do Goberno e derivar as súas responsabilidades. Eu convídolles a actuar con présa, como o Goberno de España", remarcou o subdelegado.
Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.