O presidente de Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Francisco Marín, o alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, asinaron o nove de maio os Convenios de colaboración que formalizan encoméndaa de xestión, ao Concello, para a explotación, mantemento e conservación das obras de mellora de saneamento na cidade encadradas dentro do Plan de Saneamento de Ourense, que supuxeron un investimento total de 44,5 millóns de euros.
Acondicionamento de colectores xerais e interceptores da marxe esquerda de río Miño, incluíndo a nova estación de bombeo do Couto
Acondicionamento dos colectores xerais do río Barbaña e acondicionamento dos colectores xerais e interceptores da marxe esquerda do río Miño.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente -MAGRAMA-, deu un novo pulo ás obras de saneamento da cidade de Ourense coa firma, o pasado nove de maio, dos correspondentes convenios de colaboración, por medio dos cales, as obras de saneamento de Ourense (realizadas polo MAGRAMA, no caso da marxe dereita do Miño, e as da marxe esquerda, realizadas polo MAGRAMA xunto coa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas -CMATI-) pasarán a depender do Concello do Ourense.
Entre os aspectos máis destacados deste acordo destaca a posta en marcha da nova estación de bombeo do Couto -que recollerá a maioría dos caudais xerados na cidade para o seu tratamento na depuradora de Reza- e que ten capacidade para dar servizo a unha poboación potencial de 160.000 persoas.
As obras de saneamento realizadas pola Confederación Hidrográfica do Miño Sil e Augas de Galicia, supuxeron o acondicionamento dos colectores xerais do río Barbaña e de colectores xerais e interceptores que se atopan na marxe esquerda do río Miño. Na marxe dereita do Miño este Organismo de conca realizou obras de acondicionamento de colectores xerais e interceptores, así como a que é a "peza crave" neste momento: a nova estación de bombeo do Couto.
O pozo de bombeo recollerá a maioría dos caudais xerados na cidade para a súa posterior condución á estación depuradora, ademáis de permitir a retención das puntas de caudal durante os episodios de choiva.
Esta infraestrutura pasará a ser o corazón polo que discorrerán a maioría das augas xeradas na cidade. Esta obra recibirá a auga do interceptor xeral do río Barbaña, do interceptor da marxe esquerda e dos tramos Ponche Nova-Balneario e Vinteún-Ponche Nova, así como do interceptor xeral da marxe dereita do río Miño.
A estación de bombeo do Couto dará servizo a máis do 95% da poboación horizonte, estimada en 160.000 persoas. A súa capacidade máxima será de 3.680 litros por segundo aínda que o caudal bombeado á estación depuradora estará limitado a 1.500 litros segundo, que é a capacidade de tratamento da planta. O caudal restante reterase nos tanques de tormenta, incorporándose ao interceptor xeral cara á depuradora aos poucos.
A subestructura do pozo de bombeo do Couto consiste nun pozo circular de 25 metros de diámetro interior ao que se encosta a cámara de entrada dos interceptores e divídese en tres áreas diferenciadas: zona de grosos e obra de repartición, pozo de bombeo ou zona húmida e pozo de bombas ou zona seca. A profundidade máxima de escavación nesta zona foi de 25 metros.