A CHMS investirá máis de 240.000 € na mellora dos accesos ás praias de O Coiñedo e Os Franceses no municipio ourensán da Veiga

La CHMS invertirá más de 240.000 € en la mejora de los accesos a las playas de O Coiñedo y Os Franceses en el municipio ourensano de A Veiga
  • Ampliarase e ordenarase a superficie de acceso e estacionamento que, na actualidade, presenta un uso compartido por vehículos, bicicletas e peóns

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Juan Anta, alcalde da Veiga, rubricaron o Protocolo que posibilitará as obras de mellora nos accesos ás praias fluviais de O Coiñedo e Os Franceses no encoro de Prada.

O presente protocolo ten por obxecto establecer o marco para unha posible colaboración entre as partes outorgantes, para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das actuacións que se incluirían nun proxecto que será redactado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

As obras consistirían basicamente na mellora do pavimento preexistente, así como as tendentes a conseguir a separación efectiva da circulación peonil e ciclista da de vehículos de motor, tamén se procederá á ampliación da superficie de estacionamento.

O investimento estimado ascende a 243.000 euros, incluíndo o custo de redacción do proxecto, a execución do contrato de obras, así como a dirección facultativa do mesmo.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.