A CHMS intensifica os traballos de restauración hidrolóxico-forestal nas zonas afectadas polos incendios da comarca de Valdeorras

La CHMS intensifica los trabajos de restauración hidrológico-forestal en las zonas afectadas por los incendios  de la comarca de Valdeorras
  • O obxectivo é paliar unha maior degradación dos hábitats queimados, evitando máis danos ao medio ambiente por erosión e arrastre de cinzas aos leitos fluviais
  • Retírase gran cantidade de madeira queimada e tapóns para evitar inundacións e avenidas

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, intensifica os traballos de restauración hidrolóxico-forestal das zonas devastadas polos incendios deste verán na comarca de Valdeorras.

O obxectivo é paliar unha maior degradación dos hábitats queimados, evitando máis danos ao medio ambiente por erosión e arrastre de cinzas aos leitos fluviais.

“Priorizamos os traballos de retirada de madeira e tapóns en zonas próximas a vivendas illadas e a centros urbanos para evitar danos por inundacións ou avenidas. Por outra banda, para evitar arrastres de cinzas, empregamos técnicas de bioenxeñería non invasivas e ambientalmente sostibles, como pequenos muros en pedra ou madeira e feixes de troncos e ramas, o que evitará o seu transporte cara ao leito”. explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

“Traballamos contra reloxo en zonas montañosas de fortes pendentes onde se reduciu drasticamente a cuberta vexetal, o que implica que en momentos de choiva intensa, como xa ocorreu nesta zona, o fluxo de líquidos e sólidos cara aos leitos non presenta obstáculos e pode provocar problemas por arrastres e tapóns augas abaixo da zona queimada” explicou Quiroga.

“En paralelo, continuamos os traballos de restauración doutras zonas devastadas polo lume no Macizo Central e no Courel” concluíu o presidente.

O conxunto de actuacións supoñen un esforzo investidor do Goberno de España que supera o medio millón de euros.

20220910 RioGalir

20220919 caborco dos arroxos

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.