A CHMS inviste máis de 150.000 € na restauración da ponte Soutelo que une os municipios ourensáns de Bande e Muiños

La CHMS invierte más de 150.000€ en la restauración del puente Soutelo que une los municipios ourensanos de Bande y Muiños
  • Actuación incluída no Proxecto Europeo Poctep "Fronteira Esquecida"
  • Rehabilitarase unha ponte histórica, de 5 vanos, que cruza o río Limia e do que existen referencias desde 1804

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), iniciará mañá os traballos de restauración do Ponte Soutelo sobre o Río Limia, dentro da operación Fronteira Esquecida do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP).

O proxecto consiste na rehabilitación dunha ponte histórica de 5 vanos, duns 48,50 m de lonxitude, do que existen referencias do ano 1804; esta ponte permite atravesar o Río Limia, unindo os concellos de Muiños e Bande.

As actuacións previstas conservarán as pilas e estribos de cachotería, probablemente orixinais e substituirán os taboleiros, formados actualmente por viguetas e bovedillas, por outros máis adecuados ao seu uso e contorna, con fácil e económico mantemento. Neste sentido, elixiuse o aceiro como elemento estrutural recuberto por unha pel de aceiro corten. Tamén se dotará á infraestrutura de elementos de protección, tipo varanda, dos que actualmente non dispón na súa totalidade.

O investimento estimado superará os 150.000 euros e o prazo de execución é de 3 meses.

220822 Foto 1

Interreg Fronteira esquecida

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.