AEMET lanza un podcast para achegar a meteoroloxía aos cidadáns

AEMET lanza un podcast para acercar la meteorología a los ciudadanos
  • A Axencia Estatal de Meteoroloxía crea unha nova canle de comunicación co que pretende mostrar en detalle á sociedade qué traballo realiza co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida
  • O programa contará con expertas de AEMET que axudarán a entender como funcionan os servizos da Axencia e a fomentar o interese pola meteoroloxía e a descubrir os seus aspectos máis innovadores

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), presentou un novo podcast chamado ‘Meteoverso’. Este programa, publicado quincenalmente, contará con expertas de AEMET que axudarán a entender como funcionan os servizos da Axencia e a fomentar o interese pola meteoroloxía e a descubrir os seus aspectos máis innovadores.

Esta nova canle de comunicación busca facer servizo público mostrando qué se fai na Axencia da man de Bea Hervella, portavoz da institución, acompañada por diferentes especialistas na materia.

O novo programa, accesible a través de Ivoox, Spotify e as propias redes sociais da Axencia, terá periodicidade quincenal e está dirixido a todo tipo de público.

Mañá, 17 de xuño celébrase o Día Mundial de Loita contra a Desertificación e a Seca. Por iso, o segundo capítulo de Meteoverso, centrarase neste problema global. O programa analizará se está a chover menos en España ou só de forma diferente, e que ferramentas ou servizos de libre acceso existen na actualidade para axudar na xestión dos nosos recursos hídricos.

Para iso contará con dúas expertas: Yolanda Luna, xefa do Departamento de Desenvolvemento e Aplicacións de AEMET, e Branca Ruiz Franco, xefa de Área do Banco de Datos da Natureza na Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e desde hai máis de 15 anos coordinadora do Inventario Español do Patrimonio Natural e da Biodiversidade en España.

220616 Podcast AEMET 1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.