A CHMS inicia as obras de mellora do paseo fluvial do Arenteiro no municipio ourensán do Carballiño

La CHMS inicia las obras de mejora del paseo fluvial del Arenteiro en el municipio Ourensano de O Carballiño
  • O investimento previsto supera os 325.000 euros
  • Esta mañá o presidente do organismo e o alcalde do municipio visitaron a zona de actuación na que se traballará ata final de ano

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, comprobaron esta mañá o inicio das obras de acondicionamento do paseo fluvial e marxes do río Arenteiro no Carballiño (Ourense).

O proxecto

As obras do paseo consisten na substitución do pavimento de xabre actual por un novo a base de aripaq, resistente á erosión pola acción da auga, e na mellora da drenaxe e evacuación de augas pluviais nunha lonxitude de 2 Km, situados entre Rúa do Irixo e Rúa Astureses.

Ademais, o proxecto contempla a substitución da cuberta dun lavadoiro da Toscaña, adxacente ao paseo, así como a adecuación dun acceso existente desde o vial Rúa Río Miño e o acondicionamento dunha leira próxima para a futura instalación dun parque infantil.

Estas obras foron adxudicadas á empresa Orega, S.L. por importe de 325.163,77 €, para ser executadas nun prazo máximo de 6 meses.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.