A Confederación Miño-Sil mellora a capacidade hidráulica do río Madalena en Vilalba(Lugo)

La Confederación Miño-Sil mejora la capacidad hidráulica del río Madalena en Vilalba (Lugo)
  • Actuacións que abarcan 2800 metros de leito, afluente do río Ladra
  • 4 zonas de actuación desde a ponte da LU-118 ata o Muiño do Rañego, dentro do espazo natural protexido LIC PARGA-LADRA-TÁMOGA
  • O investimento estimado supera os 18.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mellora a capacidade hidráulica do río Madalena, afluente do Ladra, ao seu paso por Vilalba (Lugo).

As actuacións en execución axudarán a recuperar o funcionamento natural do río, amortecendo o efecto dos procesos hidrolóxicos, aumentando a súa heteroxeneidade e grao de naturalidade.

Estes traballos dividíronse en 4 zonas de actuación que abarcan máis de 2800 metros lineais de leito, situadas dentro do espazo natural protexido LIC PARGA-LADRA- TÁMOGA:

Zona 1: desde a ponte da estrada LU-118 ata a praia fluvial
Zona 2: desde a praia fluvial ata a ponte Madanela
Zona 3: desde a ponte Madanela ata a ponte Dos Pasos
Zona 4: Desde a ponte Dos Pasos ata o Muiño do Rañego

Nestas 4 zonas realizarase unha mellora na composición da vexetación de ribeira de tal maneira que se eliminen os pés secos ou cun alto risco de caída. Igualmente efectuaranse curtas e podas sanitarias naqueles exemplares, que, por enfermidade, porte ou perigo, necesiten delas.

Ademais, os traballos de apeo técnico realizaranse na zona 3 e zona 4 e consistirán na retirada ou poda sanitaria daqueles exemplares secos con inminente risco de caída.

Realizarase tamén unha reposición mediante estaquillado e plantación de especies autóctonas naquelas zonas que se atopen máis despobladas de vexetación. Estas plantacións realizaranse unha vez terminada a actuación principal e na época adecuada, principalmente finais de verán. As especies preferentes a utilizar serán: Fraxinus excelsior (Fresno), Laurus nobilis (Laurel), Salix atrocineria (Salgueiro cincento)

Os traballos executaranse de forma manual no leito e con apoio de maquinaria (tractor con pluma e cabrestante) desde o exterior (fora do leito). No caso de curtas de amieiros, aplicaranse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

O investimento estimado supera os 18.000 euros.

100621 Foto3

100621 Foto1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.