A CHMS reúne ao Comité de Xestión do proxecto Risc Miño-Limia para avaliar as accións executadas ata o momento

La CHMS reúne al Comité de Gestión del proyecto Risc Miño-Limia para evaluar las acciones ejecutadas hasta el momento
  • O orzamento do proxecto supera os 2.335.000 euros e alcanza o 80 % de execución
  • Importantes avances no desenvolvemento de modelos hidrometeorolóxicos e hidráulicos que permitirán mellorar a capacidade de reacción fronte a fenómenos extremos
  • “Moi boa coordinación entre todos os socios co positivo que iso supón para a xestión das concas hidrográficas compartidas entre países limítrofes”, concluíu Quiroga

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, reuniu, por videoconferencia, ao Comité de Xestión do Proxecto RISC_Miño Limia, órgano directivo do proxecto, no que están representados todos os socios beneficiarios; pola parte portuguesa, a Axencia Portuguesa de Ambiente APA e a Facultade de Enxeñería da Universidade do Porto; por parte española, o Campus de Ourense da Universidade de Vigo e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A., como socio principal.

No encontro analizouse o grao de execución de cada unha das actividades, comezando coa nova cartografía da demarcación á espera de obter os resultados relativos dun novo voo LIDAR realizado, o estudo do impacto do cambio climático sobre os recursos hídricos, xa finalizado, e a aplicación destes aos balances de recursos e demandas que xa está en marcha.

Así mesmo, deuse conta do documento sobre o plan de seca conxunto que foi elaborado durante o pasado ano e que está a ser estudado pola parte portuguesa.

Por outra banda, valoráronse os importantes avances no desenvolvemento de modelos hidrometeorolóxicos e hidráulicos, tanto polas Universidades como pola CHMS, que permitirán mellorar o Sistema de Axuda á Decisión (SAD) fronte a fenómenos extremos, con melloras tanto no hardware como no software.

Tamén se deu conta da finalización das obras de construción das novas estacións de control da CHMS, xa remataron cinco estaciones SAICA, nos ríos Louro (Tui, Pontevedra), Deva (Arbo, Pontevedra), Sarria (Sarria, Lugo), Avia (Leiro, Ourense), e Arenteiro (Carballiño, Ourense) e dúas estacións SAIH nos ríos Asma (Chantada, Lugo) e Arnoia (Allariz). Da mesma forma a ARH Norte da APA portuguesa xa puxo en funcionamento as 2 estacións en Monçao e Arcos de Valdevez.

Así mesmo, indicouse que xa están moi avanzados os estudos das medidas de retención natural fronte a inundacións en Baños de Molgas (Ourense) e Monforte de Lemos (Lugo) e que se espera poidan finalizar ao longo do primeiro semestre deste ano.

Finalmente, os socios acordaron seguir fomentando a cooperación entre todos os socios para futuros proxectos conxuntos que redunden na mellora da resposta fronte os fenómenos extremos como as inundacións e as secas, e que permiten mellorar a prevención, protección e preparación fronte aos mesmos e así evitar danos sobre as persoas e os bens.

“No encontro todos os socios manifestaron o elevado grao de cooperación e coordinación entre os membros do Grupo de Traballo Tecnico durante o desenvolvemento do proxecto que, cun orzamento total de 2.335.000 euros, alcanza o 80 % de execución. O Risc Miño-Limia se inció en xullo de 2017 e finalizará en decembro do ano 2021, despois de ser prorrogado pola situación xerada polo COVID-19”, explicou o presidente da CHMS.

“Quero indicar ademais que o proxecto RISC_ ML está a conseguir moi boa coordinación entre todos os socios co positivo que iso supón para a xestión das concas hidrográficas compartidas entre países limítrofes”, concluíu Quiroga.

210121 foto1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.