A CH Miño-Sil mellorará as zonas de baño de Covas e A Boutureira en Entrimo (Ourense)

La CH Miño-Sil mejorará las zonas de baño de Covas y A Boutureira en Entrimo (Ourense)
  • Hoxe foi rubricado o convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións
  • O investimento total estímase en 237.000 € e será sufragado entre ambas as administracións

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Entrimo, Ramón Alonso, rubricaron esta mañá o Convenio de colaboración que determina as condicións para o financiamento, execución, mantemento, conservación e posterior entrega das obras contempladas no Proxecto de mellora de accesos e contorna das zonas de baño de Covas e Boutureira. T.M. de Entrimo (Ourense).

O municipio de Entrimo conta con dúas zonas de baño de alto valor ambiental situados nas paraxes de Covas e A Boutureira; o estado dos accesos e da contorna non se atopa nas condicións máis adecuadas de accesibilidade, por iso o Concello solicita, no ano 2019, a colaboración da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a través dun convenio que posibilite as melloras necesarias e o financiamento das mesmas.

As actuacións para acometer consisten na execución de rozas e explanación dos carreiros existentes, a colocación de elementos de sinalización e seguridade, así como a drenaxe.

Como complemento ás actuacións descritas, na zona da Boutureira, acondicionarase o aparcamento existente e en ambas as zonas realizarase unha limpeza de marxes nas zonas de baño.

O investimento total estímase en 237.000 € que serán financiados por ambas as administracións, 189.600 € achegará a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. e 47.400 € o Concello de Entrimo, que, ademais, poñerá a disposición os terreos necesarios para a execución das obras.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.