A CH Miño-Sil e o Concello de Barbadás acondicionarán os parques dos Patos e do Tren á beira do Barbaña na Valenzá (Ourense)

La CH Miño-Sil y el Ayuntamiento de Barbadás acondicionarán los parques de Os Patos y Del Tren al lado del Barbaña en A Valenzá (Ourense)
  • Hoxe foi rubricado o convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións
  • O investimento total estímase en 110.000 € e será sufragado entre ambas as administracións

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, rubricaron esta mañá o Convenio de colaboración que determina as condicións para o financiamento, execución, mantemento, conservación e posterior entrega das obras contempladas nos proxectos de mellora dos Parques dos Patos e do Tren na Valenzá, TM. Barbadás (Ourense).

O Parque dos Patos, situado na zona de policía do río Barbaña, conta cun peche vexetal de pouca entidade que se atopa deteriorado, o que supón un risco para os nenos que frecuentan as zonas de xogo. Pola súa banda, o Parque Infantil do Tren precisa dunha substitución de baldosas, reparación do multixogos, e melloras no valo perimetral que o circunda.

O presente convenio ten por obxecto mellorar senllos parques, no dos Patos, procederase á retirada do sebe vexetal que linda coa estrada, nun tramo de 118 m, e no levantamento dun muro de pedras de granito con albardilla, reixa metálica de aceiro pintado e postes de granito rematados con capiteis graníticos; incluirase, ademais, unha porta metálica de dobre folla do mesmo material e rematarase a fronteira co novo peche con firme de saburra de 20 cm de espesor.

No Parque Infantil do Tren, traballarase na retirada do pavimento de caucho e na montaxe dun novo tren adaptado á normativa, ademais doutras melloras nos distintos elementos, así como, no valo perimetral de madeira.

O investimento total necesario para estas actuacións estímase en 110.000 € e será sufragado entre ambas as administracións.

16092020 2

16092020 1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.