CH do Miño-Sil e Concello do Carballiño mellorarán o paseo do Arenteiro

CH del Miño-Sil y Concello de O Carballiño mejorarán el paseo del Arenteiro
  • Hoxe foi asinado o Convenio que posibilitará estas actuacións
  • O investimento estimado superará os 350.000 euros e será sufragada entre ambas as administracións

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, rubricaron esta mañá o Convenio de colaboración para o “Acondicionamento das marxes do río Arenteiro no Carballiño (Ourense)”, a través do mesmo, determínanse as condicións para o financiamento e execución, así como, o réxime da posterior entrega das obras para o seu mantemento e conservación.

Proxecto

Nos anos 2007 e 2008 a extinta Confederación Hidrográfica do Norte executou o proxecto de acondicionamento de marxes do rio Arenteiro no T.M. do Carballiño (Ourense), no que se incluía a realización de paseos en ambas as marxes. Estes paseos sufriron unha notable deterioración no tempo transcorrido debido fundamentalmente á acción erosiva da auga de escorrentía.

As obras contempladas no presente convenio consistirán, por unha banda, na substitución do pavimento actual de xabre compactado por un novo a base de aripaq ou material similar resistente á erosión pola acción da auga e mellora da drenaxe e evacuación de augas pluviais e, doutra banda, o proxecto contemplará a substitución da cuberta dun lavadoiro adxacente ao paseo así como a mellora do acceso a través da rúa río Miño e o acondicionamento dunha leira próxima para a futura instalación dun parque infantil.

O proxecto será redactado polo Organismo de conca e o investimento necesario estímase en 350.000 €, dos cales a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. achegará 280.000 € e o Concello do Carballiño 70.000 €.

01092020 1

01092020 3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.