CHMS e Concello de Amoeiro acondicionarán o roteiro fluvial dos muíños do rio Formigueiro

CHMS y Concello de Amoeiro acondicionarán la ruta fluvial de los molinos del rio Formigueiro

Hoxe foi asinado o Convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións
O investimento estimado superará os 450.000 euros que será sufragada entre ambas as administracións

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ( CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Amoeiro, José Luis González López, rubricaron esta mañá o Convenio de colaboración para o "Acondicionamento do roteiro fluvial dos muíños do río Formigueiro no T.M. de Amoeiro (Ourense)":

O presente Convenio ten por obxecto determinar as condicións para o financiamento e execución, así como, o réxime da posterior entrega das obras executadas para o seu mantemento e conservación.

Proxecto

Na contorna do río Formigueiro, termo municipal de Amoeiro, existe unha zona de gran calidade ambiental e patrimonial na que se atopan os restos de cinco muíños que se pretende poñer en valor mediante unha senda fluvial.

Os proxectos serán redactados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Ou.A., e consistirán na creación dun roteiro fluvial de aproximadamente 800 metros na marxe dereita do río que enlace os cinco muíños existentes e na restauración daqueles muíños que polo seu estado de conservación poidan dedicarse a actividades etnográficas.

Estas actuacións que se completarán cunha restauración ambiental do leito consistente na súa limpeza e eliminación de barreiras no tramo de actuación.

O investimento total necesario estímase en 450.000euros.

20-07-29 ConvenioRutaMolinosConcelloAmoeiro2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.