A CHMS mellora a capacidade de desaugadoiro da ponte de Uriz en Begonte (Lugo)

La CHMS mejora la capacidad de desagüe del puente de Uriz en Begonte (Lugo)
  • Ponte sobre o río Ladra, situado entre os municipios de Begonte e Outeiro de Rei (Lugo) , no LIC Parga-Ladra-Támoga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mellora a capacidade de desaugadoiro da ponte de Uriz, situado entre os municipios de Begonte e Outeiro de Rei (Lugo) no LIC Parga-Ladra.

Estas actuacións están incluídas no Encargo á empresa Tragsa para o Servizo de Conservación e Restauración de leitos da Demarcación Miño-Sil, que se prorrogarán ata final de ano.

Actuación puntual

A ponte de Uriz, sobre o río Ladra, data do século XIX, de fábrica de pedra, e que polas súas características acumula con facilidade restos de árbores no leito o que supón unha diminución importante da capacidade hidráulica do mesmo, que, por a forza da auga, podería deteriorar a propia infraestrutura.

Para evitalo, procedeuse á retirada dos troncos, entre os que destaca unha árbore de gran porte e unha cepa, así como a vexetación retida e acumulada nos alicerces da ponte. Os traballos foron executados por unha brigada composta por catro operarios especializados co apoio mecánico dun camión-guindastre con bivalva e tractor.

16072020 Foto1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.