A Confederación Miño-Sil investiu 870.000 € en limpeza e restauración dos ríos da provincia de Ourense durante o ano 2019

La Confederación Miño-Sil invirtió 870.000 € en limpieza y restauración de los ríos de la provincia de Ourense durante el 2019
  • Traballouse en máis de 100 km de leitos: Miño, Sil, Arenteiro, Avia, Arnoia, Xares, Barbaña, Limia, Bidueiro, Lodoselo, Valdorregueiro, Filgueira, Barbantiño, Maceda, Carrás, Galir, Laias, Marañao, Toxo, Gateira, Varón, Pacín, Brull, Lagoa de Antela, Lonia, entre outros
  • Esta Administración hidráulica colabora cos Concellos e colectivos veciñais en actuacións urxentes, sen esquecer que o mantemento dos leitos que discorren por zona urbana é responsabilidade da Administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, investiu 870.000 € en actuacións de conservacióndo Dominio Público Hidráulico na provincia de Ourense, executadas durante o ano 2019.

A través de 2 proxectos anuais e 1 de reforzo

Os traballos realizados enmárcanse en dous contratos que o organismo de conca programou para levar a cabo o acondicionamento, conservación, restauración hidrolóxico-forestal e mellora da conectividade de leitos da conca Miño-Sil na provincia de Ourense, para o ano 2019.

“No mes de agosto, co ánimo de chegar a máis zonas que, a través de inspeccións periódicas, comprobouse que presentaban problemáticas importantes, activouse un contrato de reforzo que, unido aos anteriores, posibilitou a limpeza de máis de 100 quilómetros de ríos nun só ano” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.

As actuacións executadas melloran o funcionamento natural do río, amortecendo o efecto dos procesos hidrolóxicos e aumentando a súa heteroxeneidade e grao de naturalidade.

En canto ás técnicas empregadas na execución, prestouse máximo respecto á contorna, sendo fundamental a súa integración co funcionamento ecolóxico do río e coa paisaxe fluvial. Por outra banda e neste mesmo sentido, nos traballos de estabilización de marxes aplicáronse técnicas de bioingeniería, empregando biorrollos e mantas biodegradables, estaquillado con especies vexetais do lugar, plantación de frondosas ou sementa de gramíneas e leguminosas, especies que enraízan con facilidade e facilitan a estabilización.

“As actuacións de conservación, restauración e rehabilitación do dominio público hidráulico son sempre necesarias e imprescindibles para o bo estado dos nosos leitos, aínda que, en anos de abundantes choivas está necesidade faise máis patente, xa que isto provoca aumento de caudal, chans incapaces de filtrar máis auga, inundacións, debilitación do terreo e arrastres de maleza dentro da sección hidráulica dos leitos, minguando así a súa natural capacidade de desaugadoiro e a calidade das súas augas. Grazas aos labores executados, os efectos dos temporais de 2019 víronse atenuados, por iso a nosa intención é continuar as intensivas limpezas durante o 2020.” matizou o presidente.

Responsabilidade na limpeza dos leitos urbanos

“Este Organismo de conca colabora cos Concellos e colectivos veciñais que solicitan e xustifican a necesidade de calquera actuación urxente, pero non hai que esquecer que o mantemento de todo curso fluvial que discorre por zona urbana é responsabilidade da Administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo (artigo 28.4 da Lei 10/2001, do 5 de xullo, que aproba ou Plan Hidrolóxico Nacional, ademais da súa interpretación polo Tribunal Supremo na sentencia nº 1962/2017, do 13 de decembro)”, concluíu Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.