A Confederación do Miño-Sil licita o proxecto de abastecemento a Vigo e zona sur de Pontevedra

La Confederación del Miño-Sil licita el proyecto de abastecimiento a Vigo y zona sur de Pontevedra
  • A empresa adxudicataria deberá redactar o estudo de alternativas e elaborar a documentación ambiental necesaria que posibilite a execución da alternativa elixida
  • O valor estimado do contrato é de 165.147,39 euros e o prazo para a redacción do estudo é de 13 meses
  • A presentación de ofertas finaliza o próximo 4 de novembro, ás 14.00 horas

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO), licitou por 165.147,39 euros o servizo para a redacción do “Estudo de alternativas e documento ambiental para a mellora da garantía do abastecemento na zona sur da provincia de Pontevedra”, tal e como se publica hoxe no BOE.

O obxectivo é mellorar a regulación e o almacenamento de auga para garantir o abastecemento a Vigo e zona sur de Pontevedra, municipios de Vigo, Redondela, Soutomaior, Porriño, Mos, Salceda, Moaña, Cangas, Baiona, Nigrán, Gondomar, Tui, Ponte Caldelas, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes.

Para iso, empresa adxudicataria deberá de estudar diferentes alternativas, entre as que se inclúen o recrecimiento da presa de Eiras, a construción dunha nova presa augas arriba, unha captación no río Verdugo, a construción dunha planta desalinizadora ou a construción dunha toma de auga no río Miño, entre outras.

Ademais do anterior, a adxudicataria deberá de entregar a documentación ambiental necesaria para iniciar o procedemento de avaliación ambiental requirido, atendendo á alternativa que se presente como a máis adecuada para garantir o abastecemento da poboación da zona Sur de Pontevedra.

A presentación de ofertas realizarase a través do Rexistro Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, situado na C/ Curros Enríquez, 4-2º de Ourense, CP 32003, ata as 14,00 horas do día 4 de novembro de 2019.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.