A Confederación do Miño-Sil retira máis dunha tonelada de lixo do río Barbaña

La Confederación del Miño-Sil retira más de una tonelada de basura del río Barbaña
  • A maior acumulación concentrábase na contorna da praza de abastos, lugar de celebración da "Feira"
  • A concienciación social e o respecto polos nosos ríos é a clave para mantelos libres de residuos

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, continúa os labores de roza,clareos e limpeza do río Barbaña.

Estas actuacións son acometidas polo Organismo de conca cunha brigada que se encarga da retirada dos obstáculos que supoñan risco de avenidas ou inundacións nas canles, así como dos labores de conservación e limpeza dos mesmos, enmarcadas nos traballos de restauración hidrolóxico forestal e mellora da conectividade de canles da conca do Miño, iniciadas os primeiros días de xullo de 2017, nos que a CHMS investirá máis de 125.000 euros.

O río Barbaña, polo seu carácter urbano e sobre todo pola súa proximidade ao lugar de celebración da Feira, os días 7 e 17 de cada mes, de forma recorrente vese afectado por unha importante cantidade de residuos sólidos urbanos. Polo momento, foron retirados máis dunha tonelada de plásticos, cartóns, botes, bolsas, restos de animais mortos, bandexas de porexpan con restos de comida, entre outros obxectos.

Desde o Organismo de conca consideramos que a celebración da "Feira" é unha actividade moi importante para o desenvolvemento e economía da capital, aínda que, é necesaria unha maior concienciación social de colaboración no mantemento, coidado e respecto dos nosos ríos.

17-09-06 Recogida Barbana

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.