Recursos Hídricos Anuais
No tocante á relación entre recursos superficiais e subterráneos, pódese dicir que na Demarcación Hidrográfica Miño-Sil non existen unidades hidroxeolóxicas dignas de interese. Esta circunstancia, sumada á dos altos niveis de pluviometría que se dan en toda a bacía, determina que os recursos superficiais sexan claramente superiores aos subterráneos.
Analizando a situación dos ríos pertencentes ó eido Miño-Sil e Limia, pódense extraer as seguintes conclusións:
- O Sil ten uns recursos medios totais de 5.110 hectómetros cúbicos ao ano, o que supón unha achega específica media anual de 637 milímetros. Esta contribución é moi irregular, destacando zonas con valores da contribución específica dobres respecto ao valor medio citado.Entre estes lugares destacan o mesmo Sil en primeiro lugar, así como o Cúa á altura de Anillares, Navea en Chandrexa e Lor en Villamar.
- O Miño na confluencia co Sil ten uns recursos totais de 2.624 hectómetros cúbicos ao ano, equivalentes a 553 milímetros de achega específica.
- No tocante ao Miño Baixo, que abarca as bacías do Miño e o Sil, a achega media é de 8.285 hectómetros cúbicos ao ano. Isto supón unha achega específica media anual de 504 milímetros.
- Finalmente, o río Limia ofrece uns recursos totais de 648 hectómetros cúbicos ao ano, o que ven sendo 488 mm. de achega anual.
Táboa. Achegas específicas das superficies da bacía
Denominación | Superficie Km2 | Aportación máxima anual (hm3/año) | Aportación media (hm3/año) | Aportación mínima anual (hm3/año) |
---|---|---|---|---|
Total Miño alto | 4748 | 5189 | 2624 | 401 |
Total Sil superior | 3995 | 4604 | 2174 | 140 |
Total Sil inferior | 8020 | 8697 | 5110 | 796 |
Total Cabe | 737 | 632 | 233 | 31 |
Total Miño baixo | 16436 | 12889 | 8285 | 1332 |
Total Limia | 1329 | 1388 | 648 | 97 |
DEMARCACIÓN TOTAL | 17765 | 14277 | 8933 | 1429 |