Órganos de Xestión
- Xunta de Explotación
Ten por finalidade coordinar, respectando os dereitos derivados das correspondentes concesións e autorizacións, a explotación das obras hidráulicas e dos recursos da auga daquel conxunto de ríos, río, tramo de río ou unidade hidroxeolóxica cuxos aproveitamentos estean especialmente interrelacionados. Os seus integrantes son:- O Director Técnico do Organismo da Bacía.
- Os membros do Organismo de Bacía que sexan designados ó efecto polo Presidente. Estes asistirán con voz, pero sen voto.
- Os representantes dos usuarios afectados.
- Asemblea de Usuarios
Está integrada por todos aqueles usuarios que forman parte das Xuntas de Explotación; teñen como finalidade coordinar a explotación das obras hidráulicas e dos recursos da auga en toda a bacía, sen prexuízo do réxime de concesión nin dos dereitos dos usuarios. - Actas:
- Xuntas de Obras
A Xunta de Goberno, a petición dos futuros usuarios dunha obra xa aprobada, poderá constituír a correspondente Xunta de Obras, na que participarán tales usuarios, a fin de que estean directamente informados do desenvolvemento e incidencias de dita obra.
-
Comisión de Desencoro
Correspóndelle deliberar e formular propostas ao Presidente do Organismo sobre o réxime adecuado de enchido e baleirado dos embalses e acuíferos da bacía, atendidos os dereitos de concesión dos distintos usuarios.