Publicidade autorización de proxectos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A. sometidos a Avaliación Ambiental

Medidas Complementarias

As Medidas Complementarias son aquelas que en cada caso deben aplicarse con carácter adicional para a consecución dos obxectivos medioambientais ou para acadar unha protección maior das augas.

Pertencen aos seguintes grupos:

  • Instrumentos lexislativos,
  • Instrumentos administrativos,
  • Instrumentos económicos ou fiscais
  • Acordos negociados en materia de medio ambiente,
  • Códigos de boas prácticas,
  • Creación e restauración de humedais,
  • Medidas de xestión da demanda,
  • Reutilización,
  • Desalación,
  • Proxectos de construción,
  • Proxectos de rehabilitación,
  • Proxectos educativos,
  • Proxectos de investigación, desenvolvemento e demostración,
  • Establecemento de normas de calidade ambiental máis estrictas,
  • Revisión de autorizacións,
  • Outras medidas pertinentes.

Todas estas Medidas Complementarias están recollidas no Regulamento de Planificación Hidrolóxica.

RPH: Regulamento de Planificación Hidrolóxica

Medidas Básicas

O Programa de Medidas Básicas é o conxunto de requerimentos mínimos que deben cumprirse en cada demarcación. Entre elas atópanse:

  • Medidas para aplicar a lexislación sobre protección da auga,
  • Medidas para aplicar o principio de recuperación dos cuestes do uso da auga.
  • Medidas para fomentar o uso eficiente e sostible da auga.
  • Medidas relativas á protección da auga.
  • Medidas de control sobre extracción e almacenamento da auga.
  • Medidas de controsl sobre vertidos puntuales.
  • Medidas de control sobre fuentes difusas que puedan generar contaminación.
  • Medidas de control sobre otras actividades con independencia en el estado de las aguas y, en particular, las causantes de impactos hidromorfológicos.
  • Prohibición de vertidos directos a aguas subterráneas.
  • Medidas para prevenir o reducir las repercusiones de episodios de contaminación accidental.
  • Directrices para la recarga de acuíferos.

RPH: Regulamento de Planificación Hidrolóxica

 

Programa de Medidas

O Programa de Medidas é o plan de actuación que debe de porse en marcha para alcanzar o bo estado das masas de auga das concas Miño - Sil e Limia.

O Plan Hidrolóxico 2015-2021 [Real Decreto 1/2016, de 8 de xaneiro, polo que se aproba a revisión dos Plans Hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas do Guadalquivir, Ceuta, Melilla, Segura, Júcar e Cantábrico Occidental, e da parte española das demarcacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro, Tajo, Guadiana, Ebro e Cantábrico Oriental] recolle un Programa de Medidas que prioriza aquelas actuacións a realizar sobre as masas de auga que se atopen en mal estado co fin de cumprir os obxectivos ambientais propostos e alcanzar o bo estado ou potencial nos prazos previstos, tendo en conta os criterios de racionalidade económica e sustentabilidade

O maior número de medidas destínanse a saneamento con 156 medidas (31%), seguido polas destinadas á xestión de espazos pertencentes á Rede Natura 2000, 136 medidas (27%), e abastecemento con 77 medidas (16%). O Programa de Medidas recolle un total de 496 medidas cun investimento total de 426.191.046,99 €.

Son as medidas básicas o grupo máis importante do plan, un total de 289 medidas, ou o que é o mesmo, o 58,27 % das medidas. Estas medidas compleméntanse con 207 medidas complementarias.

O plan de medidas realizado para o primeiro ciclo de planificación hidrológica (2009-2015) compúñase de 1.112 medidas cun orzamento inicial de 988.880.626,46 euros. Delas 802 executáronse, 106 están en execución e 204 desestimáronse:

programa de medidas 1

Resumo das tipoloxías incluidas no Programa de Medidas do Plan Hidrolóxico 2015-2021

Tipoloxía

Número de medidas

Custo

Abastecemento

76

32.483.081,20 €

Abastecimento e Administrativas

1

1.000,00 €

Administrativas

76

56.243.676,15 €

Xestión de inundacións

8

40.435.692,95 €

Xestión de inundacións e Restauración

1

1.200.000,00 €

Xestión de Red Natura 2000

136

-

Mellora de regadío

3

41.621.087,67 €

Restauración

19

24.846.338,54 €

Saneamento

156

224.998.148,18 €

Saneamento e Abastecemento

20

4.362.022,29 €

TOTALES

496

426.191.046,99 €

 

programa de medidas 2

Principais Actuacións

Abastecemiento

Medidas referentes a Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAPs); depósitos e bombeo; Mellora das redes abastecemento; actuacións en presas e azudes; mellora de captacións e conducións en alta.

Saneamento e depuración

Actuacións en estacións depuradoras de augas residuais (EDARs); colectores; mellora das redes de saneamento.

Modernización de regadíos

Financiamento de sistemas con menor consumo de auga; melloras de canles e acequias; medidas de regulación e concesións.

Xestión de inundacións

Sistema de Alerta Temperá; plans de Prevención; actuacións en presas, canles e motas de defensa.

Restauración

Restauración de canles; recuperación de ribeiras; restauración Zonas Húmidas.

Medidas Administrativas

Redes de control das augas (SAIH-SAICA); recuperación de custos e actualización de tarifas; normativa e regulación de usos; elaboración de códigos de boas prácticas; campañas de sensibilización e educación ambiental.

programa de medidas 3

CAPÍTULO XII: PROGRAMA DE MEDIDAS. (PDF-66MB)

Memoria

1. Introducción e antecedentes (PDF-300KB)

2. Descrición xeral da demarcación (PDF-22MB)

Anexo 1: Masas de auga moi modificadas (PDF-75MB)

Anexo 2: Inventario de recursos (PDF-9MB)

3. Descrición de usos, demandas e presións (PDF-4.5MB)

Anexo 3: Usos e demandas de auga (PDF-60MB)

Anexo 7: Inventario de presións (PDF-21MB)

4. Prioridades de usos e asignación de recursos (PDF-1MB)

Anexo 5: Caudais Ecolóxicos (PDF-10MB)

Anexo 6: Sistema de explotación e balances

5. Identificación de mapas das zonas protexidas (PDF-12MB)

Anexo 4: Zonas protexidas (PDF-15MB)

6. Programa de control e estado das masas de auga (PDF-12.5MB)

7. Obxectivos medioambientales para as masas de auga (PDF-350KB)

8. Diagnose do cumprimento dos obxectivos medioambientais (PDF-26.5MB)

Anexo 8: Obxectivos medioambientais e excepcións (PDF-2.5MB)

9. Análise económica dos usos da auga (PDF-2MB)

Anexo 9: Recuperación de custes (PDF-8.5MB)

10. Plans e programas relacionados (PDF-500KB)

11. Plans dependentes: Secas e inundacións (PDF-6MB)

12. Programas de medidas (PDF-5MB)

Anexo 10: Programa de medidas (PDF-19.5MB)

13. Participación pública (PDF-2MB)

Anexo 11: Participación pública (PDF-460MB)

14. Seguemento o plan hidrolóxico (PDF-500KB)

15. Listado de autoridades competentes (PDF-300KB)

Anexo 12: Atlas de mapas (PDF-700MB)

(Para a descarga de ficheiros de gran tamaño -varios MB- nos equipos Windows recoméndase picar co botón dereito do rato e seleccionar "Gardar enlace como", para gardar o ficheiro correspondente no equipo e abrilo unha vez finalizada a descarga)

 

Información Pública

Información PúblicaNeste apartado de Información Pública os usuarios dos servizos da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil poderán acceder á información referente ás obras, actuacións e expedientes xestionados polo Organismo e que tamén é publicada no Boletín Oficial da Provincia de onde se sitúa a actuación ou, en caso de corresponder a varias no Boletín Oficial do Estado. A devandita información tamén é remitida ao Concello interesado para a súa exposición no Taboleiro de Anuncios do municipio correspondente.

Información de Interese

Neste apartado poderá consultar datos de interese agrupados segundo os seguintes apartados:

  • Perfil do contratante
  • Información ao Ciudadán
  • Memoria Anual
  • Datos económicos
  • Normativa
  • Contactar
  • Información Pública
  • Convenios de colaboración
  • Consumos anuais por sistema de explotación

Contactar

ContactoA dirección de correo electrónico de contacto soamente deberá empregarse para dúbidas, suxestións, rectificacións, ou calquera outra información referente á páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

contacto@chminosil.es (abrirase unha nova mensaxe no seu sistema de correo)

As solicitudes de concesión, acceso á información, así como as denuncias, deberán facerse por escrito a través dos correspondentes Rexistros de entrada do Organismo, ou calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Máis información, na sección Directorio da CHMS.

 

Comisaría de Augas

Segundo se recolle no artigo 4 do Real Decreto 266/2008, de 22 de febreiro, créase a Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, co nivel orgánico de Subdirección Xeral.

Corresponden á Comisaría de Augas as funcións asignadas a esta Unidade Administrativa no artigo 4 do Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo. Algunhas delas son:

  • Xestión do Dominio Público Hidráulico, centrada fundamentalmente nos réximes de concesións e autorizacións dos aproveitamentos hidráulicos.
  • A protección do Dominio Público Hidráulico, para conseguir e manter un axeitado nivel de calidade das augas.
  • O control do Dominio Público Hidráulico, a través das autorizacións para as obras e a labor de policía de augas e os seus leitos, que se complementan coas actuacións de conservación de leitos e a realización de aforamentos e estudos de hidroloxía.
  • Propostas de outorgamentos de concesións e autorizacións referentes ás augas e leitos de Dominio Público Hidráulico, así como as de establecemento de servidume, deslindes e modulacións.
  • A actualización do Rexistro de Augas, do catálogo de augas privadas e do censo de vertido de augas residuais.
  • Propostas de resolución en aplicación das normas do Regulamento de Dominio Público Hidráulico, aprobado polo Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, en materia de policía de augas e os seus leitos.
  • Inspección e vixilancia das obras derivadas de concesións e autorizacións do Dominio Público Hidráulico.
  • Tramitación dos expedientes para a constitución de comunidades de usuarios e a aprobación dos seus regulamentos e ordenanzas, así como os referentes ás incidencias relacionadas con ditas Comunidades.
  • Estudo e proposta dos canons a que fan referencia os artigos 104 e 105 da Lei de Augas.
  • Análise e control da calidade das augas continentais, así como a proposta e seguemento dos programas de calidade da auga e dos convenios aos que se refire o artigo 295.4 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico. Os datos que se obteñan do exercicio desta función, comunicaranse ás autoridades sanitarias, cando os soliciten.

O actual Comisario de Augas da Confederación Hidrográfica do Miño- Sil é Xoán Carlos Nóvoa Rodríguez.

Secretaría Xeral

As principais funcións da Secretaría Xeral, dacordo co Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, polo que se determina a estructura orgánica dependente da Presidencia das Confederacións Hidrográficas son as seguintes:

  • A xestión dos asuntos relativos ao funcionamento da Xunta de Goberno, o Consello de Auga, a Asemblea de Usuarios e o exercicio da secretaría dos citados órganos.
  • O Rexistro Xeral e o réxime interior.
  • A xestión da actividade económica e financeira, a contabilidade interna do Organismo, a habilitación e a pagadoría.
  • A tramitación dos asuntos de persoal.
  • A tramitación administrativa, relativa ás informacións públicas, e a tramitación e proposta de resolución dos recursos e reclamacións.
  • A xestión administrativa en materia de contratación, a xestión patrimonial e a tramitación e proposta de resolución nos expedientes de expropiación.
  • A supervisión e coordinación da informática en materia administrativa.
  • A elaboración de informes xurídicos.

O actual Secretario Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é Emilio Domínguez Álvarez.

Concello de Guitiriz - Lugo

Texto do Protocolo (enlace 66 Kb)

Anexo cartográfico do Protocolo (enlace, 6,4 Mb)

Memoria Técnica (enlace 2,6 Mb)

Anexo Cartográfico (enlace 3,7 Mb)
Anexo Cartográfico 2 (enlace 4,3 Mb)
Anexo Cartográfico3 (enlace 4,4 Mb)
Anexo Cartográfico 4 (enlace 4,1 Mb)
Anexo Cartográfico 5 (enlace 5,8 Mb)
Anexo Cartográfico 6 (enlace 11,4 Mb)

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.