Publicidade autorización de proxectos da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil O.A. sometidos a Avaliación Ambiental

Oficina de Planificación Hidrolóxica

As principais funcións da Oficina de Planificación Hidrolóxica, dacordo co Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, polo que se determina a estructura orgánica dependente da Presidencia das Confederacións Hidrográficas son as seguintes:

A recompilación e no seu caso a realización dos traballos e estudos precisos para a elaboración, seguimento e revisión do Plan Hidrolóxico da bacía.

Informar da compatibilidade co Plan Hidrolóxico de bacía das actuacións propostas polos usuarios.

A redacción dos Plans de ordenación das extraccións en acuíferos declarados sobrexplotados ou en risco de estalo e de aqueles outros en proceso de salinización.

A oficina de Planificación Hidrolóxica da bacía é o órgano de apoio técnico do Consello da Auga.

O actual Xefe de Planificación Hidrolóxica é Carlos Guillermo Ruiz del Portal Florido

Dirección Técnica

Segundo se recolle no Artigo 4 do Real Decreto 266/2008, do 22 de febreiro, créase a Dirección Técnica da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, con nivel orgánico de Subdirección Xeral.

No marco de competencias definido no Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, a Dirección Técnica, como unidade administrativa responsable da xestión das obras públicas de infraestructura hidráulica a cargo do Organismo de bacía, desenvolve as seguintes funcións:

  • Estudo, redacción do proxecto, dirección e explotación das obras e aproveitamentos financiados con fondos do organismo ou que encomenden a esta ao Estado, ás comunidades autónomas, ás corporacións locais, outras entidades públicas ou privadas, ou aos particulares.

  • A supervisión e aprobación técnica dos proxectos que teñan que ser financiados con fondos propios do organismo.

  • As actuacións encamiñadas a lograr o aproveitamento máis racional da auga.

  • O estudo e proposta dos outorgamentos, das tarifas e prezos relativos ó réxime fiscal en materia de augas e bens de dominio público hidráulico, de acordo coa normativa vixente.

  • A execución das ordes de desencoro.

  • A designación dos directores e inspectores das obras.

O actual Director Técnico é Manuel Ignacio Rodríguez Acebes. (Resolución do 2 de abril de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Auga, pola Orden ARM/103/2009 de 26 de enero). 

Demarcación

No artigo 16 do Real Decreto 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, establécese o concepto de bacía, que se modifica ao incorporarse ao Dereito español a Directiva 2000/60/CE, que establece un marco de actuación no eido da política de augas. Aos efectos de esta transposición, enténdese por bacía hidrográfica "a superficie de terreo cuxa escorrentía superficial flúe na súa totalidade a través dunha serie de correntes, ríos e eventuais lagos cara o mar por unha única desembocadura, estuario ou delta. A bacía hidrográfica como unidade de xestión do recurso considérase indivisible".

Esta mesma transposición engade ao RD 1/2001 o artigo 16 bis, co que introduce a figura da Demarcación Hidrográfica: " (...) Enténdese por Demarcación Hidrográfica a zona terrestre e mariña composta por unha ou varias bacías hidrográficas veciñas e as augas de transición, subterráneas e costeiras asociadas ás devanditas bacías (...) O Goberno, por Real Decreto, fixará, oídas as Comunidades Autónomas, o eido territorial de cada demarcación Hidrográfica que será coincidente co seu plan hidrolóxico".

En febreiro de 2007, aprobouse o Real Decreto 125/2007, mediante o que se define o ámbito territorial das Demarcacións Hidrográficas, quedando asentadas no ámbito de actuación da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) as Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte.

Segundo establece o Real Decreto 266/2008, de 22 febreiro, a Confederación Hidrográfica do Norte modifícase quedando dividida en dúas novas confederacións: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC). Este mesmo Real Decreto dispón que as Demarcacións Hidrográficas do Miño-Limia e Norte pasan a chamarse Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do Cantábrico, respectivamente.

Ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Ampliar imaxe

Condicións Climáticas

A Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil caracterízase por invernos suaves, veráns frescos, aire húmido, abundante nubosidade e precipitacións frecuentes en todas as estacións.

Pluviometría

Este parámetro ten unha ampla marxe de variación, oscilando entre os 700 en 1.900 milímetros ao ano, sendo a influencia atlántica e a propia morfoloxía da bacía as que marcan estas precipitacións. Os valores máximos alcánzanse na zona do Macizo de Manzaneda; entre o Navia e o Bibei; nas serras do leste de Lugo e norte do Sil no val inferior do Miño.

Nas serras do Oeste a precipitación das ladeiras da vertente lucense oscila entre 1300 e 1500 milímetros.

Os vales do Sil destacan polas súas baixas precipitacións, así como as depresións de Monforte, o Bierzo e Ourense (700-900 milímetros).

Cabrera, pese á súa altitude, destaca por unhas precipitacións non moi elevadas (800-1000 milímetros). En xeral o alto Sil Leonés recibe menos contribucións nas vertentes do sur que nas do norte para alturas similares.

A bacía do Limia en Buscalque destaca pola súa precipitación de 1435 milímetros ao ano; porén na zona do val de Arzoa a precipitación descende a menos de 900 milímetros ao ano.

A precipitación media anual é de 1175 milímetros para o conxunto da bacía.

Mapa Pluviométrico CH Miño-Sil
Mapa Pluviométrico CH Miño-Sil
Descargar imaxe

Termometría

Queda patente a influencia atlántica, que suaviza os valores extremos ás áreas próximas á costa e, ata se deixa sentir ao longo dos vales do Miño e do Sil, ainda que vai perdendo forza cara ó interior. Deste modo pásase dun réxime morno cálido no litoral ata un marítimo fresco terra dentro, alcanzándose un réxime pirenaico frío nas áreas montañosas de maior altitude na cabeceira do Sil.

Comunicación

Sala de PrensaNeste apartado da web da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), poderá atopar a información actualizada sobre as actividadades que desenvolve este Organismo de conca a través de Notas de Prensa, Temas de Actualidade, Multimedia, Entrevistas e Reportaxes.

Para cualquera consulta adicional pode poñerse en contacto connosco polos seguintes medios:

Correo Electrónico: presidencia@chminosil.es

Teléfonos: 988.399.404/988.399.400

 

Órganos de Xestión

  • Xunta de Explotación
    Ten por finalidade coordinar, respectando os dereitos derivados das correspondentes concesións e autorizacións, a explotación das obras hidráulicas e dos recursos da auga daquel conxunto de ríos, río, tramo de río ou unidade hidroxeolóxica cuxos aproveitamentos estean especialmente interrelacionados. Os seus integrantes son:
    • O Director Técnico do Organismo da Bacía.
    • Os membros do Organismo de Bacía que sexan designados ó efecto polo Presidente. Estes asistirán con voz, pero sen voto.
    • Os representantes dos usuarios afectados.
  • Xuntas de Obras
    A Xunta de Goberno, a petición dos futuros usuarios dunha obra xa aprobada, poderá constituír a correspondente Xunta de Obras, na que participarán tales usuarios, a fin de que estean directamente informados do desenvolvemento e incidencias de dita obra.
  • Comisión de Desencoro
    Correspóndelle deliberar e formular propostas ao Presidente do Organismo sobre o réxime adecuado de enchido e baleirado dos embalses e acuíferos da bacía, atendidos os dereitos de concesión dos distintos usuarios.

 

Órgano de Participación e Planificación

Consello da Auga da Demarcación

O artigo 3.5 do Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas, crea o Consello da Auga das demarcacións hidrográficas de concas intercomunitarias co obxectivo de fomentar a información, consulta pública e participación activa na planificación hidrolóxica. Pola súa banda, o Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro, establece a composición, estrutura e funcionamento do Consello da Auga da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

As funcións que corresponden ao devandito Consello son:

  • Promover a información, consulta e participación pública no proceso planificador.
  • Elevar ao Goberno, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico o Plan Hidrolóxico da demarcación e as súas ulteriores revisións.
  • Informar as cuestións de interese xeral para a demarcación.
  • Informar as cuestións relativas á protección das augas e á mellor ordenación, explotación e tutela do dominio público hidráulico ou as que lle sexan encomendadas polo Presidente ou a Xunta de Goberno do Organismo de conca

Composición:

O Consello da Auga da demarcación da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil está constituído por un Presidente, dous Vicepresidentes, un Secretario e os Vogais que se concretan no artigo 5 do mencionado Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro.

Será Presidente do Consello da Auga o do Organismo de conca. A Vicepresidencia Primeira corresponderá ao vogal que resulte elixido por e entre os que representen ás Comunidades Autónomas. A Vicepresidencia Segunda recaerá sobre o vogal que resulte elixido por e entre os vocais representantes dos usuarios. Como Secretario do Consello, con voz pero sen voto, actuará o Secretario Xeral do Organismo de conca.

 

 

 

 

 

 

Autorizacións, concesións e declaracións responsables

1.- APROVEITAMENTOS DE AUGA

  • Normativa para as captacións de augas subterráneas

1.1- Solicitude de usos privativos

1.2- Solicitude de concesión de augas

  • Solicitude de concesión de augas para abastecemento á poboación
  • Solicitude de concesión de augas para usos gandeiros
  • Solicitude de concesión de augas para regos cun caudal menor de 8 litros por segundo
  • Solicitude de concesión de augas para a extinción de incendios
  • Solicitude de concesión de augas para outros usos

1.3- Cambios de titularidade

1.4- Certificado de inscrición no Rexistro de Augas

  • Solicitude de certificado de inscrición no Rexistro de Augas

2.- COMUNIDADES DE USUARIOS


3.- COMPETENCIA DE PROXECTOS

  • Solicitude inicio trámite de competencia de proxectos

4.- NAVEGACIÓN


5.- SOLICITUDES DE AUTORIZACIÓN EN DOMINO PÚBLICO HIDRÁULICO E ZONA DE POLICÍA

    • ACORDO DE SUSPENSIÓN DE PROCEDEMENTO DE AUTORIZACIÓN DE INSTALACIÓN DE PANTALANES NA RIBEIRA SACRA:

6.- DECLARACIÓNS RESPONSABLES PARA ACTIVIDADES E USOS EN DOMINO PÚBLICO HIDRÁULICO E ZONA DE POLICÍA

  • Xestión de biomasa e usos forestais (retirada de árbores mortas, podas, etc.)
  • Mantemento de líñas eléctricas, de comunicacións e outras redes de servicios (abastecemento, saneameento, gas, etc.)
  • Actuacións de mantemento e mellora en edificacións, tomas e azudes e infraestructuras
  • Actuacións de conservación e mellora ambiental de cauces (retirada de residuos, reforestación tras incendios, mantemento de vexetación en zonas urbanas, etc.)
  • Instalación de elementos de delimitación, mobiliario urbano e paneis informativos ou publicitarios

RESOLUCIÓN DE PRESIDENCIA


7.- TASAS E CÁNONES

 

Laborais Temporais

Non hai información dispoñible.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.