A Canle Interna de Información é o medio preferente para informar sobre accións ou omisións que poidan constituir infraccións do Dereito da Unión Europea, ou que poidan ser constitutivas de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave, que se produciron ou que poidan producirse no ámbito da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
O sistema está deseñado, establecido e xestionado dunha forma segura, e permite a presentación de comunicacións anónimas. En todo caso, garántese a confidencialidade da identidade do informante e de cualquera terceiro mencionado na comunicación, e das actuacións que se desenvolvan na xestión e tramitación da mesma, así como a protección de datos, impedindo o acceso de persoal non autorizado.
A Canle Interna de Información non é o xeito adecuado para presentar denuncias relativas a posibles infraccións da Lei de Augas. Sobre este tipo de denuncias pode obter información no seguinte apartado:
https://www.chminosil.es/gl/chms/informacion-de-interes/informacion-al-ciudadano/impresos/denuncias
Quero facer o seguimento dunha denuncia
OUTRAS FORMAS DE PRESENTACIÓN
• Mediante correo electrónico, dirixido a: canal.interno.informacion@chminosil.es
• Por correo postal, dirixido a:
Responsable do Sistema Interno de información
C/ Curros Enríquez 4 2º
32003 Ourense
• Solicitando unha reunión presencial a través de calquera dos medios anteriores. Esta reunión terá lugar dentro do prazo máximo de sete días.
TRATAMENTO DE DATOS PERSONAIS E DEBER DE CONFIDENCIALIDADE
As actuacións da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil levaranse a cabo de xeito confidencial, ao amparo do establecido no título VI da Lei 2/2023, garantindo en todo caso a confidencialidade da identidade do informante.
Pode consultar a información completa sobre protección de datos na nosa páxina web: https://www.chminosil.es/es/component/content/article/80-chms/1767-proteccion-de-datos-de-caracter-personal
CONTIDO DA INFORMACIÓN SUMINISTRADA
Para facilitar a investigación, así como a identificación das persoas presuntamente responsables, é conveniente que a denuncia ou comunicación achegue a máxima información da que dispoña a persoa informante ou indique a fonte na que poida obterse.
En particular, o contido da denuncia debería incluir:
• Unha narración clara e cronolóxica dos feitos e circunstancias que motivan a denuncia.
• A identificación da persoa ou persoas presuntamente responsables dos feitos denunciados ou que haxan presuntamente participado ou colaborado dalguna maneira na súa comisión.
• Calquera outra información que se considere que poida ser útil para o coñecemento dos feitos denunciados e os posibles responsables.
TRAMITACIÓN
As comunicacións ou denuncias presentadas ante a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil tramitaranse, con apertura do correspondente expediente, no que se determine a competencia do organismo e, en caso de estimarse competente, investíguense os feitos.
A presentación dunha denuncia ou comunicación non implica en todo caso o inicio de actuacións de investigación; poderá ser inadmitida por falta de competencia da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil; archivada; remitida ao Ministerio Fiscal, no caso de que os feitos denunciados sexan presuntamente delituosos; ou, polo tanto, determinar a apertura de actuacións de investigación por parte do Organismo.
No apartado DOCUMENTACIÓN DE INTERESE pode acceder á regulación detallada do procedemento.
RESPONSABLE DO SISTEMA INTERNO DE INFORMACIÓN
O responsable do Sistema Interno de Información na Confederación Hidrográfica do Miño-Sil é o xefe de Área da Secretaría Xeral.
DOCUMENTACIÓN DE INTERESE
De acordo co Anuncio da Dirección General del Agua, do 27 de marzo de 2023, (BOE do 30 de marzo de 2023) iníciase o período de audiencia e información pública durante tres meses (conforme ao artigo 83.quater do Regulamento da Planificación Hidrolóxica) ata o 30 de xuño de 2023, da Proposta de proxecto de revisión do Plan Especial de Seca da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do documento ambiental estratéxico referente ao proceso de avaliación ambiental estratéxica asociado ao mísmo (artigo 29 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental).
Dentro dese prazo, poderanse realizar as aportacións e formular cantas observacións e suxestións se estimen convenientes dirixidas á Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A.
Os documentos que conforman o proxecto do novo plan especial de seca e o seu documento ambiental estratéxico (DAE, artigo 29 da Lei 21/2013), pódense consultar nos seguintes enlaces:
MEMORIA PLAN ESPECIAL DE SECA DA PARTE ESPAÑOLA DA DH MIÑO-SIL
ANEXOS Á MEMORIA
ANEXO II. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA.
ANEXO III. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA. MODELOS DE AQUATOOL.
ANEXO IV. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 1940-2018. FICHAS ANÁLISE SPI.
ANEXO V. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 2019-2023.
ANEXO VI. FICHAS SOBRE A AVALIACIÓN DOS IMPACTOS SOCIOECONÓMICOS DA ESCASEZA CONXUNTURAL.
ANEXO IX. RECORTES DE PRENSA DO EPISODIO DE SECA DO ANO 2022
PLAN HIDROLÓXICO 2022-2027 (VIXENTE, REAL DECRETO 35/2023, DO 24 DE XANEIRO, BOE 10 DE FEBREIRO DE 2023)
O plan hidrolóxico da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil actualmente en vigor foi aprobado mediante o Real Decreto 35/2023, do 24 de xaneiro (BOE 10 de febreiro), polo que se aproba a revisión dos plans hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas do Cantábrico Occidental, Guadalquivir, Ceuta, Melilla, Segura e Júcar, e da parte española das demarcacións hidrográficas do Cantábrico Oriental, Miño-Sil, Duero, Tajo, Guadiana e Ebro, en cumprimento do artigo 83 do Regulamento da Planificación Hidrolóxica, aprobado polo Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo.
O presente plan hidrolóxico sigue a estrutura formal recollida no artigo 81 do Regulamento da Planificación Hidrolóxica e está composto pola memoria, cos seus anexos correspondentes, e a parte normativa, e acompañase do Estudo Ambiental Estratéxico e toda a documentación asociada relativa ao proceso de avaliación ambiental estratéxica levado a cabo conforme á Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Da mesma forma, inclúese o informe do Consello da Auga da Demarcación e a Conformidade do Comité de Autoridades Competentes (CAC)
A continuación, pódese consultar toda a documentación nos seguintes enlaces:
(Para a descarga de ficheiros de gran tamaño -varios MB- nos equipos Windows recoméndase pinchar co botón dereito do rato e seleccionar "Guardar enlace como" para gardar o ficheiro correspondente no equipo e abrilo unha vez finalizada a descarga).:
APÉNDICE CAMBIOS REALIZADOS SOBRE A VERSIÓN PRECEDENTE
DOCUMENTO DE SÍNTESE:
MEMORIA e ANEXOS:
ANEXOS:
NORMATIVA:
INFORME DE PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXERENCIAS RECIBIDAS
INFORME CONSELLO DA AUGA DA DEMARCACIÓN (CAD) ARTÍGO 80.4 REGULAMENTO DA PLANIFICACIÓN HIDROLÓXICA (RPH):
CONFORMIDADE DO COMITÉ DE AUTORIDADES COMPETENTES ARTÍGO 80.4 DO RPH:
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA:
ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO e RESUMO NON TÉCNICO DO ESTUDO AMBIENTAL ESTRATÉXICO
DECLARACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA
PLAN DE XESTIÓN DOS RISCOS DE INUNDACIÓN 2º CICLO:
En cumplimiento del artículo 87, “Seguimiento de los planes hidrológicos”, del Reglamento de la Planificación Hidrológica, aprobado por el Real Decreto 907/2007, de 6 de julio , en el que se señala en su apartado 4º) “…Dichos organismos, en el caso de demarcaciones hidrográficas con cuencas intercomunitarias, informarán con periodicidad no superior al año al Consejo del Agua de la demarcación y al Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico sobre el desarrollo de los planes”, se puede consultar en los siguientes enlaces el informe de desarrollo y seguimiento, correspondiente al año 2021, que fue presentado en la sesión del Consejo del Agua de la Demarcación (CAD), el 22 de noviembre de 2022 y remitido al Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico el 6 de febrero de 2023.
6.1) SEXTO INFORME DE DESARROLLO Y SEGUIMIENTO DEL PLAN HIDROLÓGICO MIÑO-SIL. AÑO 2021.
6.2) ANEXOS SEXTO INFORME DE DESARROLLO Y SEGUIMIENTO DEL PLAN HIDROLÓGICO MIÑO-SIL. AÑO 2021.
En cumplimiento del artículo 87, “Seguimiento de los planes hidrológicos”, del Reglamento de la Planificación Hidrológica, aprobado por el Real Decreto 907/2007, de 6 de julio , en el que se señala en su apartado 4º) “…Dichos organismos, en el caso de demarcaciones hidrográficas con cuencas intercomunitarias, informarán con periodicidad no superior al año al Consejo del Agua de la demarcación y al Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico sobre el desarrollo de los planes”, se puede consultar en los siguientes enlaces, el informe de desarrollo y seguimiento, correspondiente al año 2022, que fue presentado en la sesión del Consejo del Agua de la Demarcación (CAD) celebrada el 28 de febrero de 2024 y remitido al Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico el 24 de junio de 2024.
7.1) INFORME DE DESARROLLO Y SEGUIMIENTO DEL PLAN HIDROLÓGICO MIÑO-SIL. AÑO 2022.
7.2) ANEXOS AL SÉPTIMO INFORME DE DESARROLLO Y SEGUIMIENTO DEL PLAN HIDROLÓGICO MIÑO-SIL. AÑO 2022.