
Falecemento do noso compañeiro José Álvarez Díaz
- Detalles
- Luns, 19 Novembro 2012

Esta mañá faleceu o noso compañeiro José Álvarez Díaz, Xefe da Oficina de Planificación Hidrolóxica, a consecuencia dunha curta pero complicada enfermidade.
A súa calidade humana, profesionalidade e dedicación a este Organismo fai que, entre os seus compañeiros e amigos, o seu recordo sexa imborrable.