• imprimir

A CHMS mantén a súa aposta decidida pola viabilidade do Regadío do Val de Lemos

La CHMS mantiene su apuesta decidida por la viabilidad del Regadío del Val de Lemos
  • Celebrado esta mañá un encontro de traballo entre o presidente do organismo, José Antonio Quiroga, e a directora de Agader, Paz Rodríguez Rivera
  • Constituíuse un Grupo de Traballo técnico e convocouse un novo encontro para o mes de xaneiro
  • “…hai clima, terra e auga, que ofrecen posibilidades, e, por iso, agradecemos a disposición da Xunta de Galicia a colaborar nun tema da súa competencia, esquecido durante décadas, e no que hai que avanzar” concluíu Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, avanza na súa aposta polo futuro do Regadío do Val de Lemos

Neste sentido, Quiroga, convocou un encontro coa directora de Agader, Paz Rodríguez Rivera, na que tamén estiveron presentes técnicos de ambos os organismos e do director do “Plan integral de aproveitamento agronómico do regadío no Val de Lemos (Monforte de Lemos- Lugo)”, catedrático do USC, Manuel Marey.

Ademais de explicar o contido e pormenores do estudo, executado pola CHMS, que reflicte claramente a falta da actividade agraria e a necesidade dunha reestruturación da propiedade que sustente a rendibilidade do regadío; no citado encontro constituíuse un Grupo de Traballo técnico que avance nos pormenores do estudo, e convocouse unha nova reunión no mes de xaneiro, na que se dará conta de citados avances.

“Lembremos que estamos nunha zona do noroeste de España onde hai clima, terra e auga, que ofrecen posibilidades, e, por iso, agradecemos a disposición da Xunta de Galicia a “colaborar” nun tema da súa competencia, esquecido durante décadas, e en que hai que avanzar” concluíu Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.