• imprimir

A CHMS ampliará o paseo do río Sil ao seu paso polo concello ourensán de Petín

La CHMS ampliará el paseo del río Sil a su paso por el ayuntamiento ourensano de Petín
  • As obras consistirán na prolongación do actual paseo do dique, en 828 metros, ata chegar á ponte medieval da Cigarrosa
  • O investimento estimado supera os 1.128.000 €, que serán sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello
  • “A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para mellorar, preservar e valorizar os nosos leitos fluviais e a súa contorna, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro” explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Raquel Bautista, alcaldesa do municipio ourensán de Petín, rubricaron hoxe o Convenio de colaboración que determina as condicións para o financiamento, execución e posterior entrega das obras de prolongación e mellora do paseo do dique no río Sil, próximo ao encoro de San Martiño.

O proxecto

Na actualidade existe un paseo peonil duns 250 metros lineais e 4 metros de ancho rematado en pavimento de lastra prefabricada de formigón de cor tostada que remata mediante muro de cachotería concertada, dotada de valo de madeira para a protección dos peóns. Na outra marxe o pavimento remátase cun canlón rectangular de formigón para recoller as augas pluviais e cun pequeno muro para contención de terras.

A actuación solicitada consiste en prolongar a devandita senda pola marxe esquerda do encoro de San Martiño no río Sil, de aproximadamente 830 metros lineais, ata chegar á ponte medieval da Cigarrosa, declarado BIC. Esta ponte salvarase por baixo mediante pantalán flotante ata chegar ao primitivo, que une peatonalmente os concellos da Rúa e Petín.

Desde o pantalán accederase á estrada principal do núcleo de Petín, para dar acceso adaptado ao dique desde esta estrada, desde a que partirá un ramal duns 100 metros lineais, a través de rúa innominada, que enlazará co paseo antes de chegar á zona de pantalán.

O investimento estimado é de 1.128.000 €, que serán sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante polo Concello.

“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar a calidade das augas e a contorna dos nosos leitos fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas ás que representan” concluíu o presidente.

28072022 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.