• imprimir

A CHMS inicia os traballos de limpeza e conservación dos leitos do municipio ourensán de Trasmiras

La CHMS inicia los trabajos limpieza y conservación de los cauces del municipio ourensano de Trasmiras
  • O investimento estimado supera os 62.000 euros
  • As actuacións consisten na mellora da conectividade lonxitudinal, a través da retirada de restos de madeira e árbores tombados sobre DPH, así como rozas e resalveos selectivos
  • Unha brigada traballará, ata outubro, en máis de 5,2 km de río

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza de leito e marxes dos ríos de Ourense, traballos nos que o investimento previsto para 2022 supera os 2,4 mill/€.

Onte comezaron os traballos no regato de As Regadas e do río Trasmiras, ao seu paso polo municipio ourensán de Trasmiras.

Da inspección previa á zona detectouse importante presenza de restos de madeira e abundante vexetación que nalgúns puntos chegaba a invadir parcialmente o leito, diminuíndo a capacidade de desaugadoiro, ademais de árbores secas en pé, algunha árbore tombada e árbores inclinadas con risco de caída sobre dominio público hidráulico e zona de servidume.

Os traballos consisten na talla, partido, amontoado e retirada das árbores secas en pé, árbores tombadas e árbores inclinadas con risco de caída presentes no primeiro tramo do río Trasmiras e no tramo final do Regato das Regadas. Poda dos exemplares cuxas ramas invaden as leiras lindeiras máis aló da zona de servidume, estaquillado con brotes de salgueiro para a revexetación dalgunhas zonas nas que non hai presenza de vexetación arbórea ou arbustiva, sobre todo na desembocadura do río Trasmiras.

Ademais, procederase á execución de rozas e resalveos selectivos en dominio público hidráulico e zona de servidume, sobre todo nos puntos nos que a vexetación invada o leito.

Antes do inicio da actuación, situada en parte na Zepa da Limia, solicitouse autorización ao Servizo de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e, por outra banda, informouse o Concello sobre as actuacións previstas e a data de comezo aproximado das mesmas.

Estas actuacións iniciadas hoxe, durarán máis de 3 meses e supoñen un investimento estimado de 62.000 euros.

“Consideramos que a conservación dos nosos leitos é a clave para que os cidadáns coñezan e valoren a riqueza natural que forman os ríos e o ecosistema que os sustenta, coñecer para valorar, este é o obxectivo”, concluíu o presidente.

12072022 Foto1

12072022 Foto2

12072022 Foto3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.