• imprimir

A CHMS e o Concello de Tomiño asinarán un convenio para a construcción dunha senda peonil no río Pego

La CHMS y el Ayuntamiento de Tomiño firmarán un convenio para la construcción de una senda peatonal en el río Pego
  • As obras permitirán conectar o casco urbano da vila co río Miño e facilitarán o acceso a unha zona de disfrute do cauce fluvial
  • Este compromiso tamén incluirá a renovación dun colector en mal estado, que provoca verquidos recurrentes ao cauce
  • Actuacións que supoñen un investimento aproximado de 1,5 mill/€

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecoloxica e o Reto Demográfico, redactará o proxecto para a construción dunha senda fluvial no río Pego, no Concello pontevedrés de Tomiño, e para a renovación dun colector en mal estado, que provoca verquidos recurrentes ao cauce; actuacións que supoñen un investimento aproximado de 1,5 millóns de euros.

Así o indicou o presidente da confederación, José Antonio Quiroga, quen recibiu esta mañá á alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e ao concelleiro de Servizos Públicos, Lois Vázquez.

O compromiso adquirido hoxe por ambos organismos, traduciríase na sinatura dun convenio, polo que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil achegaría o 80% do custe total da obra, e o Concello de Tomiño o 20% restante.

“Estas importantes actuacións permitirán aos veciños e visitantes de Tomiño chegar ata a Senda do Miño, que transcorre paralela ao río, a través dun paseo peonil ou en bicicleta, por un entorno natural, incentivando unha mobilidade máis sustentable, ademáis de evitar os verquidos recurrentes ao cauce coa mellora dun colector en mal estado” explicou o presidente.

A nova senda transcorrería paralela ao río ao longo duns 3 Km. dende a parroquia de Tomiño ata a desembocadura do Pego no Miño. Con este novo trazado conseguiríase dar continuidade á rede de sendas executadas nos últimos anos, e ao mesmo tempo, melloraríase a rede de saneamento da zona que conta con infiltracións procedentes de augas pluviais, dificultando os procesos de depuración na Estación Depuradora de Augas Residuais do Concello de Tomiño.

A alcaldesa sinalou que a partir de agora os técnicos do Concello traballarán cos da confederación para atopar as mellores alternativas na construción da senda do Pego. “Agardamos comezar a traballar cos técnicos da confederación antes de fin de ano”, adiantou a rexedora local tras a reunión. Asemade, convidou ao presidente da confederación hidrográfica a visitar Tomiño para coñecer in situ a zona pola que transcorrería o sendeiro; visita que terá lugar, probablemente, cando se asine o futuro convenio.

Trátase dunha ruta cun alto valor paisaxístico, histórico e turístico da comarca que recupera un antigo sendeiro, e que contribuirá tamén a difundir o patrimonio natural do concello, permitindo á xente a percorrer un espazo idóneo para a práctica deportiva.

“O obxectivo é dar á nosa veciñanza acceso directo ao Miño poñendo a disposición unha senda co mínimo impacto ambiental, con sinalización e que informe sobre a flora e a fauna da zona”, informou González.

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.