• imprimir

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Xinzo mellorarán as infraestruturas hidráulicas que dan servizo ao Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras

CHMS y Concello de Xinzo mejorarán las infraestructuras hidráulicas que dan servicio al Monasterio de Bon Xesús de Trandeiras
  • Hoxe foi rubricado o Convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións
  • O investimento total estímase en 350.000 €; o Goberno de España, a través da CHMS, achegará 280.000 € e o Concello de Xinzo de Limia os 70.000 € restantes

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a alcaldesa de Xinzo de Limia (Ourense), Elvira Lama, mantiveron un encontro virtual no que aproveitaron para rubricar o convenio de colaboración que mellorará o sistema de abastecemento de auga, -fontes, captacións, conducións e depósitos- que forman parte das antigas infraestruturas hidráulicas do Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras.

Antecedentes e problemática

O Mosteiro Franciscano de Bon Xesús de Trandeiras sitúase na parroquia de San Pedro da Pena, a uns 5 km ao nordés da capital municipal de Xinzo de Limia. Devandito conxunto, orixinario nas súas partes máis antigas do ano 1523, está incluído no Plan Básico Autonómico e no plan urbanístico municipal.

Dentro do conxunto de construcións que forman o mosteiro destaca o sistema de abastecemento de auga, formado por varias fontes e captacións, conducións e depósitos que garantirían a dispoñibilidade do recurso para as actividades monásticas. Froito do descoido, do descoñecemento do existente, unido ao paso do tempo, deterioraron moito estas infraestruturas que, xunto cos edificios do mosteiro, corren grave risco de ruína e desaparición definitiva.

O proxecto

O obxectivo do proxecto é asegurar a protección das estruturas relacionadas coa auga na contorna do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras (Xinzo de Limia), a través dun estudo de análise do conxunto e das necesidades concretas a executar.

Con esta información xerarase un proxecto de intervención, de acordo cos criterios da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, para levar a cabo as actuacións de consolidación das fábricas do mosteiro e as súas obras accesorias que se consideren óptimas, entre as que destacan as relacionadas coa subministración de auga.

O investimento total estímase en 350.000 €; o Goberno de España, a través da CHMS, achegará 280.000 € e o Concello de Xinzo de Limia os 70.000 € restantes.

“Desde a CHMS queremos destacar o noso firme compromiso coa Limia e sempre tenderemos unha man de colaboración a proxectos realizables e concretos” explicou Quiroga.

“O compromiso adquirido hoxe forma parte dun conxunto de actuacións demandadas pola alcaldesa de Xinzo; cabe destacar a urxencia de saneamento e depuración de pequenos núcleos, a continuación da senda peonil no centro urbano da localidade que quedou pendente, sine die, nunha intervención anterior, entre outras solicitudes” concluíu o presidente.

100221 FOTO

100221 FOTO3

100221 FOTO1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.