• imprimir

O presidente da CHMS explica á Xunta de Goberno o proxecto de Orzamento para o 2021 que supera os 37 mill/€

El presidente de la CHMS explica a la Junta de Gobierno el proyecto de Presupuesto para el 2021 que supera los 37 mill/€
  • O 56% do orzamento destínase a investimentos
  • Incremento en 1,1 mill/€, ata un total de 20,8 mill/€ para actuacións propias en DPH, presas e outros bens e para dar cobertura a Convenios subscritos con Corporacións Locais

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), José Antonio Quiroga, convocou hoxe aos membros da Xunta de Goberno da Demarcación para dar conta do proxecto de Orzamento para 2021 e do resultado da información pública dos documentos iniciais, base do 3 er ciclo de Planificación Hidrolóxica, entre outros asuntos.

Neste órgano colexiado e de goberno da CHMS, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, están representadas as distintas Administracións presentes no territorio, ademais dos usuarios da auga – abastecemento, regadíos, usos enerxéticos, e outros usos-.

Proxecto de Orzamento

A CHMS someteu á Xunta de Goberno o proxecto de orzamento para o próximo ano 2021, cifrado en 37 millóns de euros, dos cales o 56% do mesmo destínase a investimentos.

Investiranse 9,7 millóns en labores de limpeza e mellora de leitos, 20,8 mill/€ para actuacións propias a executar en Dominio Público Hidráulico (DPH), presas e outros bens e para dar cobertura a Convenios subscritos con Corporacións Locais, entre outros investimentos.

Increméntase o importe de 78.000 a 224.000 euros á consignación de 4 novas subvencións nominativas, que se suman ao cinco xa existentes, e destinadas a incentivar actuacións ambientais relacionadas coa auga, para executar por entidades sen ánimo de lucro.

Planificación Hidrolóxica

Noutro dos puntos da orde do día, o presidente deu conta á Xunta de Goberno da finalización, o pasado 30 de outubro, da consulta pública do Esquema provisional de Temas Importantes (EpTI) en materia de xestión das augas, da parte española da demarcación do Miño-Sil.

“A participación foi elevada, recibíronse un total de 44 escritos de propostas, observacións e suxerencias, fronte aos 23 recolleitos no período de consulta do EpTI do ciclo anterior 2015-2021. Todas os escritos recibidos serán analizados e respondidos de forma particularizada e incorporarase ao documento consolidado a información que se consideren máis apropiada” explicou Quiroga.

“Buscamos o máximo grao de acordo nas solucións para aplicar a cada un dos 16 temas importantes e o máximo cumprimento posible dos obxectivos ambientais para conseguir o bo estado de todas as masas de auga da demarcación” concluíu o presidente.

26112020 FOTO1

26112020 FOTO2

26112020 FOTO3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.