• imprimir

A CHMS mellora a capacidade de desaugadoiro do río Miño en As Insuas, entre os municipios lucenses de Rábade e Begonte

La CHMS mejora la capacidad de desagüe del río Miño en As Insuas, entre los municipios lucenses de Rábade y Begonte
  • Unha brigada composta por 5 operarios traballaron durante dous meses na zona de especial protección, LIC Parga-Ladra- Támoga
  • As actuacións previstas, cuxo investimento superará os 49.000 euros, finalizarán nos próximos días

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finaliza os traballos de mellora a capacidade de desaugadoiro en As Insuas do Miño, entre os municipios lucenses de Rábade e Begonte.

Da inspección previa observouse a presenza de múltiples árbores caídas, secas e inclinadas cara ao leito, ademais de abundante vexetación en ambas as marxes que chega a invadir o propio leito e provoca acumulación de restos vexetais en todas as obras de paso do tramo de actuación.

Para solucionar esta problemática procedeuse á retirada de árbores caídas ou secas ou, en casos moi puntuais, desestabilizados con perigo de caída ao leito, que provocaban a acumulación de restos arbóreos e tapóns, afectando ao discorrer das augas; tamén se realizaron podas sanitarias e resalveos para mellorar a estabilidade da vexetación e para facilitar o fluxo en casos de avenida, diminuíndo así o risco de inundacións.

Estes traballos, que finalizarán nuns días, están a ser realizados por unha brigada composta por 5 operarios, que traballaron durante dous meses nesta zona de especial protección, LIC Parga-Ladra- Támoga.

As actuacións previstas, cuxa investimento superará os 49.000 euros, finalizarán nos próximos días.

27102020 mapa2

27102020 mapa1

27102020 fotoInsuas

27102020 insuas do Miño

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.