A Confederación do Miño-Sil inicia a reconstrución do paso do Briñal sobre o Arnoia, que tería que executar o Concello de Allariz (Ourense)

La Confederación del Miño-Sil inicia la reconstrucción del paso do Briñal sobre el Arnoia, que tendría que ejecutar el Concello de Allariz (Ourense)
  • As obras, que executará e sufragará a CHMS, supoñen un investimento de 26.929 €; unha vez finalizadas, será o Concello o encargado do seu mantemento e conservación
  • Unha vez solicitado o permiso da DX Patrimonio, as obras comezarán en canto o nivel das augas permita traballar con seguridade dentro do leito; está a valorarse o comezo para finais do presente mes de xuño

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, executará as obras de reconstrución da Pontella de O Briñal sobre o río Arnoia en Allariz.

Cabe sinalar que esta administración hidráulica colabora cos gobernos municipais, neste caso co Concello de Allariz, aínda que de conformidade co artigo 28.4 do Plan Hidrolóxico Nacional as actuacións en zona urbana en relación con riscos de inundación corresponde ao propio concello e de acordo co artigo 126.bis do RDPH é obrigación do titular da ponte eliminar os obstáculos ou tapóns que xere a propia infraestrutura e que poidan poñer en perigo a súa estabilidade, como é o caso.

En febreiro de 2019 producíronse importantes episodios de choivas intensas que provocaron o arrastre de árbores e madeiras inertes que afectaron á estabilidade do Pontón de O Briñal situado no centro urbano da localidade. Neste sentido, a alcaldesa da localidade entrevistouse co presidente da CHMS para solicitar a colaboración do Organismo, descoñecendo a catalogación do Pontón e a necesaria autorización da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia para poder executar a reconstrución.

Unha vez solicitados os permisos necesarios para a súa execución darase comezo ás obras en canto o nivel das augas permita traballar con seguridade dentro do leito; está a valorarse o comezo para finais do presente mes de xuño.

As obras que executará e sufragará a CHMS supoñen un investimento de 26.929 €; unha vez finalizadas, será o Concello o encargado do seu mantemento e conservación, tal e como lle corresponde.

Outras actuacións no Arnoia

Por outra banda, a alcaldesa tamén solicitou colaboración na limpeza de ríos no centro urbano argumentando a imposibilidade de levar a cabo estes traballos por medios propios.

Este Organismo de conca realizou en 2019 e xaneiro de 2020, durante algo máis de 4 meses en total, actuacións en distintos tramos de río, entre as que destacan as executadas desde as inmediacións do centro escolar de Allariz ata o Ponte de Vilanova e a contorna das piscinas municipais, outra á altura do complexo deportivo do Seixo ata augas abaixo do “Muiño do Briñal”, que incluía, entre outros traballos, a retirada dos troncos retidos polo paso fluvial. O investimento realizado en Allariz en limpeza de ríos superou os 60.000 euros.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.