• imprimir

A CHMS analiza as zonas inundables e os mapas de perigo e risco potencial de inundación na provincia de Ourense

La CHMS analiza las zonas inundables y los mapas de peligrosidad y riesgo potencial de inundación en la provincia de Ourense
  • O obxectivo é mellorar o coñecemento da conca, co interese de minimizar os efectos negativos das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, as infraestruturas, o medio ambiente e o patrimonio cultural
  • A documentación do 2º ciclo de Avaliación Preliminar do Risco de Inundación (EPRI) continuará en exposición pública ata o próximo 13 de marzo

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, realizou unha Xornada Técnica divulgativa acerca dos traballos de delimitación das zonas inundables e dos mapas de perigo e risco de inundación na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

José Antonio Quiroga, presidente do Organismo de conca, presidiu o acto de apertura que se desenvolveu no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, acompañada polo comisario adxunto da CHMS, Alberto de Anta. Entre os asistentes atopábanse os responsables das áreas de medio ambiente, infraestruturas e ordenación do territorio das distintas administracións, así como de persoal propio da CHMS.

O obxectivo destas xornadas divulgativas é explicar os traballos efectuados, o resultado dos mesmos, co interese de mellorar o coñecemento da conca a través da información relevante que se xerou, incluíndo os datos obtidos despois de novos episodios de inundación e a información dos efectos do cambio climático todo iso co interese de minimizar os efectos negativos das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, as infraestruturas, o medio ambiente e o patrimonio cultural

Traballos realizados e resultados obtidos

A Directiva 2007/60/CE, do 23 de outubro de 2007, relativa á avaliación e xestión dos riscos de inundación, e ao Real Decreto 903/2010, de 9 de Julio, de avaliación e xestión de riscos de inundación, establecen a obrigación de realizar unha Avaliación Preliminar do Risco de Inundación (EPRI) que permita determinar os tramos fluviais ou as áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).

Durante o período comprendido entre o 2010 e o 2016 realizouse a Avaliación Preliminar do Risco de Inundación (EPRI), elaboráronse os Mapas de Perigo e Risco de Inundación, e redactouse o Plan de Xestión do Risco de Inundación, todo iso correspondente ao primeiro ciclo.

Na actualidade o Organismo atópase traballando no 2º ciclo, realizándose xa a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación, e a elaboración dos Mapas de Perigo e Risco de Inundación das áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) resultantes da primeira, que se atopan en fase de consulta pública ata o próximo 13 de marzo.

Destes traballos de revisión e actualización resultan os seguintes tramos fluviais declarados como áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI) sobre os que se elaboraron os citados mapas:

18022020 CUADRO

As accións do 2º ciclo finalizarán coa revisión e actualización do Plan de Xestión do Risco de Inundación, no que se definirán as medidas que se consideren adecuadas para a consecución dos obxectivos básicos da xestión do risco de inundación:

• Incrementar a percepción do risco de inundación e fomentar as estratexias de autoprotección
• Mellorar a coordinación entre todos os axentes involucrados na xestión do risco de inundación
• Mellorar o coñecemento para a adecuada xestión do risco de inundación
• Mellorar a capacidade preditiva ante situacións de avenida e inundacións
• Contribuír á mellora da ordenación do territorio e a xestión da exposición nas zonas inundables
• Reducir o risco a través da diminución do perigo para a saúde humana, as actividades económicas, o patrimonio cultural e o medio ambiente nas zonas inundables
• Mellorar a resiliencia e diminución da vulnerabilidade dos elementos situados en zonas inundables
• Contribuír á mellora e mantemento do bo estado das masas de auga

“Desde esta Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. queremos fomentar a colaboración institucional e a participación de todas as Administracións Públicas na elaboración e perfeccionamento destes documentos, por iso consideramos fundamentais as xornadas de divulgación dos traballos realizados, para que os distintos axentes afectados, fundamentalmente concellos, protección civil e profesionais, poidan coñecer o alcance dos mesmos e realizar as achegas e cantas observacións e suxerencias estimen convenientes”, matizou Jose Antonio Quiroga, presidente a CHMS.

“Hai que lembrar que, neste ano hidrolóxico, producíronse varios temporais de choivas intensas que provocaron un incremento xeneralizado do caudal dos ríos en toda a demarcación hidrográfica do Miño-Sil; concretamente, os principais problemas na provincia de Ourense producíronse polo desbordamento dos ríos río Miño en Ourense e Ribadavia, Bibei en Viana do Bolo, Limia e a canle de Antela na comarca da Limia, o río Sil no Barco de Valdeorras, Arnoia en Baños de Molgas e Allariz e o Avia en Ribadavia, entre outros, explicou Quiroga.

“As causas e efectos destes desbordamentos, que afectaron e dificultaron o benestar dos veciños, incluíuse tamén neste estudo, co ánimo de complementar os datos técnicos xa avaliados e dotar do máximo rigor a información que se divulga nesta xornada”, concluíu o presidente.

20022020

20022020 1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.