• imprimir

Francisco Marín explica as características e a xestión da conca do Miño-Sil aos seus homólogos da Rexión Hidrográfica do Norte de Portugal

Francisco Marín explica las características y la gestión de la cuenca del Miño-Sil a sus homólogos de la Región Hidrográfica del Norte de Portugal
  • O presidente da CHMS aproveitou para agradecer a colaboración da ARH Norte no proceso de planificación da demarcación Miño-Sil e na presentación conxunta de proxectos europeos
  • O relatorio presentado versou sobre a "Cooperación Transfronteiriza en materia de augas"

Francisco Marín, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, participou no IV Conselho de Regiao Hidrográfica Norte (ARH Norte), celebrado hoxe no Porto.

O presidente da CHMS aproveitou o encontro para agradecer á ARH Norte a boa coordinación e colaboración entre as Administracion de ambos os países no proceso de planificación, tal e como establece a Directiva Marco da auga que impulsa a xestión integrada das concas hidrográficas cuxos territorios se estenden por varios Estados membros.

A través do Convenio de Albufeira establécese o marco de cooperación entre España e Portugal para a protección das augas superficiais e subterráneas e dos ecosistemas acuáticos e terrestres directamente dependentes deles e para o aproveitamento sustentable dos recursos hídricos das concas hispanoportuguesas.

CARACTERISTICAS E XESTIÓN DA CONCA

Na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil identifícanse dúas concas internacionais, os ríos Miño e Limia e, como augas internacionais, a zona costeira da Guarda, o Estuario do Miño -augas de transición-, os ríos Troncoso e Laboreiro e os encoros de Salas e Lindoso.

Francisco Marín destacou que durante todo o proceso de planificación mantivéronse múltiples contactos e reunións coa ARH Norte, como responsables dos plans de xestión das augas compartidas dos ríos Miño e Limia para concluír un Plan Hidrolóxico da conca Miño-Sil adaptado ás necesidades de xestión e coordinación que liquide a problemática de adaptación á lexislación de dous países distintos, "a xestión de augas arriba afecta directamente augas abaixo", matizou.

O presidente da CHMS destacou que en Europa, 40 das 110 demarcacións hidrográficas son internacionais, o que supón que máis do 60% das concas europeas exceden fronteiras.

Para puntualizar na Demarcación Miño-Sil, matizou que o río Miño discorre nun 95,32% por territorio español e un 4,68% por Portugal, pero no caso do río Limia a porcentaxe está máis equilibrado, dos case 2500 km2 que ocupa, correspóndelle a España o 53% e a Portugal o 47% restante.

PROXECTOS EUROPEOS CONXUNTOS

Como final de relatorio, quixo destacar a importancia da coordinación á hora de presentar candidaturas a proxectos europeos, facendo especial mención a dous proxectos recentes presentados de forma conxunta aos proxectos de cooperación transfronteiriza POCTEP e que están pendentes de resolución.

Por unha banda o proxecto RISK MIÑO-LIMIA, por importe de 2,7 M€, co que se pretende, a partir de simulacións, poder predicir as zonas afectadas polas crecidas dos ríos en función da choiva esperada e que poida servir para actualizar o Plan Especial ante situacións de seca extrema.

Por outra banda o proxecto RAIA TERMAL, cun investimento previsto de 3,4 M€, e co que se pretende potenciar, abrir e valorizar a cultura balnearia tradicional cara a un modelo de turismo de benestar e de natureza como vía para a creación de novos empregos directos e indirectos vinculados aos recursos termais.

Oporto1

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.