• imprimir

A Confederación do Miño-Sil traballa na estabilización dos noiros danados polas crecidas do Miño na zona termal

La Confederación del Miño-Sil trabaja en la estabilización de los taludes dañados por las crecidas del Miño en la zona termal
  • O presidente da CHMS, Francisco Marín, acompañado polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, supervisaron esta mañá a boa marcha dos traballos
  • A reparación execútase mediante técnicas de bioenxeñería e sementa de herbáceas que axudan á estabilización

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, traballa na reparación dos noiros situados na zona termal entre a Chavasqueira e O Tinteiro afectados polo intenso caudal circulante do Miño na primavera de 2016.

Esta mañá o presidente do organismo, Francisco Marín, e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, acompañados dos concelleiros de Termalismo, Medio Ambiente e Participación Cidadá, supervisaron a boa marcha dos traballos.

As obras en execución consisten no acondicionamento dos noiros mediante técnicas de bioenxeñería, utilizando malla orgánica composta ao 50% por palla e coco, cosida en ambas as caras a unha rede de polipropileno biodegradable. Previamente, estes noiros foron perfilados para dotalos dunha pendente uniforme e constante.

Unha vez finalizados os traballos de colocación da malla orgánica procederase a realizar unha sementa de herbáceas que axuden na estabilización e protección a longo prazo.

Estas actuacións, que finalizarán o próximo 26 de maio, supoñen un investimento próximo aos 25.000 euros.

O Concello de Ourense solicitou o apoio da administración hidráulica co ánimo de mellorar o estado da zona para que turistas e aldeáns poidan gozar da importante riqueza termal da cidade.

"A colaboración entre as distintas Administracións é básica á hora de optimizar os recursos dispoñibles e de dar ao cidadán un servizo público de calidade", concluíu, Francisco Marín, presidente da CHMS.

17-04-27 Talud Mino zona termal 2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.