Programa de Medidas

O Programa de Medidas é o plan de actuación que debe de porse en marcha para alcanzar o bo estado das masas de auga das concas Miño - Sil e Limia.

O Plan Hidrolóxico 2015-2021 [Real Decreto 1/2016, de 8 de xaneiro, polo que se aproba a revisión dos Plans Hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas do Guadalquivir, Ceuta, Melilla, Segura, Júcar e Cantábrico Occidental, e da parte española das demarcacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro, Tajo, Guadiana, Ebro e Cantábrico Oriental] recolle un Programa de Medidas que prioriza aquelas actuacións a realizar sobre as masas de auga que se atopen en mal estado co fin de cumprir os obxectivos ambientais propostos e alcanzar o bo estado ou potencial nos prazos previstos, tendo en conta os criterios de racionalidade económica e sustentabilidade

O maior número de medidas destínanse a saneamento con 156 medidas (31%), seguido polas destinadas á xestión de espazos pertencentes á Rede Natura 2000, 136 medidas (27%), e abastecemento con 77 medidas (16%). O Programa de Medidas recolle un total de 496 medidas cun investimento total de 426.191.046,99 €.

Son as medidas básicas o grupo máis importante do plan, un total de 289 medidas, ou o que é o mesmo, o 58,27 % das medidas. Estas medidas compleméntanse con 207 medidas complementarias.

O plan de medidas realizado para o primeiro ciclo de planificación hidrológica (2009-2015) compúñase de 1.112 medidas cun orzamento inicial de 988.880.626,46 euros. Delas 802 executáronse, 106 están en execución e 204 desestimáronse:

programa de medidas 1

Resumo das tipoloxías incluidas no Programa de Medidas do Plan Hidrolóxico 2015-2021

Tipoloxía

Número de medidas

Custo

Abastecemento

76

32.483.081,20 €

Abastecimento e Administrativas

1

1.000,00 €

Administrativas

76

56.243.676,15 €

Xestión de inundacións

8

40.435.692,95 €

Xestión de inundacións e Restauración

1

1.200.000,00 €

Xestión de Red Natura 2000

136

-

Mellora de regadío

3

41.621.087,67 €

Restauración

19

24.846.338,54 €

Saneamento

156

224.998.148,18 €

Saneamento e Abastecemento

20

4.362.022,29 €

TOTALES

496

426.191.046,99 €

 

programa de medidas 2

Principais Actuacións

Abastecemiento

Medidas referentes a Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAPs); depósitos e bombeo; Mellora das redes abastecemento; actuacións en presas e azudes; mellora de captacións e conducións en alta.

Saneamento e depuración

Actuacións en estacións depuradoras de augas residuais (EDARs); colectores; mellora das redes de saneamento.

Modernización de regadíos

Financiamento de sistemas con menor consumo de auga; melloras de canles e acequias; medidas de regulación e concesións.

Xestión de inundacións

Sistema de Alerta Temperá; plans de Prevención; actuacións en presas, canles e motas de defensa.

Restauración

Restauración de canles; recuperación de ribeiras; restauración Zonas Húmidas.

Medidas Administrativas

Redes de control das augas (SAIH-SAICA); recuperación de custos e actualización de tarifas; normativa e regulación de usos; elaboración de códigos de boas prácticas; campañas de sensibilización e educación ambiental.

programa de medidas 3

CAPÍTULO XII: PROGRAMA DE MEDIDAS. (PDF-66MB)

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.