Memoria Anual

NormativaA memoria anual da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil (CHMS) permite coñecer parte da xestión que realiza este Organismo autónomo, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

Este documento ofrece un abano de cadros estatísticos con información referida á tramitación dos diferentes tipos de expedientes e un balance das actuacións de mellora ambiental e restauración do Dominio Público Hidráulico que realiza a Comisaría de Augas. A memoria anual informa, tamén, dalgunhas das obras de acondicionamento e saneamento executadas pola Dirección Técnica, así como do traballo desenvolto pola Oficina de Planificación Hidrolóxica.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.