Queixas e Suxerencias

As Queixas e Suxerencias relativas aos servizos prestados por este Organismo autónomo, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, poderán presentarse no xeito establecido segundo o artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, debendo dirixilas, por escrito, ao Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil, á dirección: rúa Curros Enríquez, 4-2º -32003 de Ourense.

Para facilitar o trámite poñemos á súa disposición o seguinte formulario: Formulario de Queixas e Suxerencias (PDF-74KB)

Tamén pode efectuarse a presentación das queixas e suxestións de xeito telemático a través da correspondente aplicación dispoñible na Sede electrónica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medo Ambiente co que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dispón dun convenio para a súa utilización.

As queixas ou suxerencias presentadas serán notificadas ao interesado no prazo de 20 días hábiles, dacordo co artigo 16.1. do Real Decreto 951/2005, de 29 de xullo.

Por último, debemos apuntar que as queixas ou suxerencias formuladas non terán, ningún caso, a calificación de recurso administrativo nin paralizarán os prazos establecidos na normativa vixente para a súa interposición.

Queixas e Suxerencias tramitadas no ano 2012 (PDF-52KB)

Queixas e Suxerencias tramitadas no ano 2013 (PDF-194KB)

Queixas e Suxerencias tramitadas no ano 2014 (PDF-194KB)

Queixas e Suxerencias tramitadas no ano 2015 (PDF-196KB)

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.